Voice over IP Protocol ou VoIP é un termo co que se designa unha tecnoloxía que permite enviar sinal de voz sobre unha rede IP como por exemplo Internet. Desde 2004 as compañías de acceso a Internet de banda larga veñen desenvolvendo proxectos que fan uso desta tecnoloxía a nivel comercial.