Viuda de Cándido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Viuda de Cándido
Tipoempresa de autobuses
Data de fundación1941
SedePontevedra
PaísGalicia
Na rede
Facebook: autocaresvdacandido Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Viuda de Cándido é unha empresa galega de transporte de viaxeiros por estrada, con sede en Pontevedra.

Historia[editar | editar a fonte]

A empresa foi fundada en 1941 polo matrimonio de Cándido Piñeiro e Carmen Durán, co nome de Autos Cándido e adicada ao transporte de mercadorías nun camión. En 1942 o vehículo foi transformado nun vehículo mixto, adicándose tamén ao transporte de persoas. Uns anos despois a empresa especializouse no servizo de feiras, levando pasaxeiros a 29 feiras ao mes e contando con tres vehículos.

Trala morte de Cándido Piñeiro en novembro de 1954, a empresa pasou a denominarse Autos Vda. de Cándido. Carmen Durán dirixiu a empresa até 1975, cando pasou a ser levada por Manuel Piñeiro, fillo dos fundadores e actual propietario. En 2012 a empresa contaba con 8 vehículos, de entre 13 e 61 prazas e adaptados para persoas con mobilidade reducida e para persoas invidentes. Dende 2007 a empresa está a recibir os certificados de cumprimento das normas ISO 9001 de calidade, ISO 14001 de medio ambiente e UNE 13816 de transporte de persoas viaxeiras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]