Virxe do peixe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Virxe do peixe
ArtistaRafael
Data1513-1514
Técnicaóleo sobre táboa
Dimensións215 cm × 158 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid)

A Sagrada Familia con Rafael, Tobías e San Xerome, coñecida como Virxe do peixe, é unha pintura ó óleo sobre táboa de Rafael Sanzio realizada entre 1513 e 1514. Consérvase no Museo do Prado de Madrid.

Trátase dunha sacra conversación, é dicir, un cadro en que aparecen a Virxe e o Neno Xesús relacionados con santos. Nel aparece María entronizada sostén a Xesús sentada. Á dereita sitúase San Xerome con roupaxes cardinalicias e botando unha ollada á versión latina da Biblia que este erudito estableceu ou Vulgata. O león ós seus pés é o que, segundo a tradición, curou e domou. Á esquerda figura o arcanxo San Rafael, quen presenta ó Xesús neno a Tobías, que sostén o peixe que lle serviu para curar ó seu pai da cegueira. O peixe é tamén símbolo de Cristo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]