Nosa Señora da Almudena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Virxe da Almudena»)
Nosa Señora da Almudena
Imaxe da Virxe da Almudena na Catedral da Almudena de Madrid
Advocación da Virxe María
Historia
Orixe da devociónen Madrid
Veneración
Venerada enIgrexa Católica
Festividade9 de novembro
Santuario principalCatedral de Santa María a Real da Almudena de Madrid
Patroa deMadrid

A Virxe da Almudena é unha advocación mariana da Igrexa Católica. É a patroa da cidade de Madrid e da Arquidiocese de Madrid, sendo venerada na Catedral de Santa María da Almudena. A súa festividade celébrase o 9 de novembro.

Orixe[editar | editar a fonte]

Segundo a tradición, a imaxe de Santa María a Real da Almudena, que anteriormente fora denominada como Santa María a Maior, foi atopada no ano 1085 durante a conquista da cidade de Madrid polo rei Afonso VI de León nun dos cubos ou torreóns encostados á muralla árabe, preto da Porta da Vega.

Imaxe[editar | editar a fonte]

A imaxe que se conserva actualmente na catedral de Madrid é de estilo gótico tardío, realizada posiblemente entre os séculos XV e XVI. Representa a María como raíña con túnica avermellada e rico manto recamado, con volta en cor azul, que cobre os seus ombreiros e cae en pliegues tubulares por diante. Sostén ao Neno, espido, con ambas mans. É unha talla de boa calidade artística, en madeira dourada e policromada. A súa realización atribúese ao círculo de Sebastián de Almonacid ou ben a Diego Copín de Holanda, ambos escultores activos en Toledo a finais do século XV.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]