Violación conxugal
A violación conxugal consiste na relación sexual sen o consentimento dun dos cónxuxes. A falta de consentimento é o elemento esencial e non necesita involucrar violencia. A violación conxugal considérase unha forma de violencia doméstica e abuso sexual. Aínda que, historicamente, as relacións sexuais dentro do matrimonio se consideraban un dereito dos cónxuxes, participar no acto sen o consentimento do cónxuxe agora é amplamente recoñecido pola lei e a sociedade como algo incorrecto e como un crime. É recoñecido como violación por moitas sociedades en todo o mundo, repudiado por convencións internacionais e cada vez máis criminalizado.
As cuestións sobre a violencia sexual e doméstica dentro do matrimonio e a unidade familiar, e máis polo miúdo, a cuestión da violencia contra as mulleres, recibiron unha crecente atención internacional dende a segunda metade do século XX. Aínda así, en moitos países, a violación conxugal permanece fóra da lei penal, ou é ilegal pero amplamente tolerada. De cando en cando aplícanse as leis, debido a factores que van dende a reticencia das autoridades a perseguir o delito até a falta de coñecemento público de que as relacións sexuais nun matrimonio sen consentimento son ilegais.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bergen, Raquel Kennedy (marzo de 1999). "Marital Rape" (PDF). Applied Research Forum, National Electronic Network on Violence Against Women. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2011-10-06. Consultado o 8 de febreiro de 2005.
- Connell, R.W. (2005). Masculinities (PDF) (2nd ed.). Berkeley, CA: University of California Press.
- Bennice, Jennifer A.; Patricia A. Resick (2003-07-01). "Marital Rape". Trauma, Violence, & Abuse 4 (3): 228–246. PMID 14697124. doi:10.1177/1524838003004003003.
- Gan, K. (setembro de 2004). "Sex a conjugal right". Arquivado dende o orixinal o 2004-10-12. Consultado o 20 de abril de 2005.
- Mandal, Saptarshi (2014). "The Impossibility of Marital Rape". Australian Feminist Studies 29 (81): 255–272. doi:10.1080/08164649.2014.958124.
- Russell, Diana E.H. (1990). Rape in Marriage. Macmillan Publishing Company, USA.
- "Facts about Women and the Law" (PDF). American Bar Association. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2006-10-12. Consultado o 20 de abril de 2005.
- Tønnessen, Liv (2014). "When rape becomes politics: Negotiating Islamic law reform in Sudan". Women's Studies International Forum 44: 145–153. doi:10.1016/j.wsif.2013.12.003. hdl:11250/2484805.
- Yllö, Kersti; Torres, M. Gabriela, eds. (2016). Marital Rape: Consent, Marriage and Social Change in Global Context. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-023836-0. doi:10.1093/acprof:oso/9780190238360.001.0001.
- United Nations General Assembly resolution 48/104 (decembro de 1993). "Declaration on the Elimination of Violence against Women". Office of the United Nations High Commissioner for Human Rights. Consultado o 17 de febreiro de 2023.
- Dalal, Manish; Kumar, Raj (2020). Marital Rape: The Indian and Global Perspective (first ed.). Delhi: Shandilya Publication. ISBN 9789388147408.
- Waterman, Caroline; Dawson, Lori; Bologna, Michael (1989). "Sexual coercion in gay male and lesbian relationships: Predictors and implications for support services". Journal of Sex Research 26: 118–124. doi:10.1080/00224498909551495.
- Multi-country Study of Women's Health and Domestic Violence against Women (Informe). Geneva, Switzerland: World Health Organization (WHO). 2005. ISBN 924159358X. hdl:10665/43309.
- Yllö, Kersti (2016). "Prologue: Understanding Marital Rape in Global Context". Marital Rape. pp. 1–6. ISBN 978-0-19-023836-0. doi:10.1093/acprof:oso/9780190238360.003.0100.