Kokopo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia de Nova Bretaña Oriental.

Kokopo é a capital de Nova Bretaña Oriental, unha provincia de Papúa Nova Guinea. A capital mudárase de Rabaul en 1994 cando fixeron erupción os volcáns Tavurvur e Vulcan. Por esta razón, a poboación aumentou de 3.150 habitantes en 1990 a 20.262 habitantes no 2000.

Kokopo era coñecida como Herbertshöhe durante a Nova Guinea Alemá. Até 1910 foi a capital da administración colonial alemá.