Vicente Varela Radío
Vicente Varela Radío | |
---|---|
Nacemento | 18 de novembro de 1883 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 17 de xullo de 1950 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Ocupación | médico e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Vicente Varela Radío, nado en Pontevedra o 18 de novembro de 1883 e finado en Santiago de Compostela o 17 de xullo de 1950[1], foi un médico e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi presidente do Centro Republicano de Santiago de Compostela antes da proclamación da Segunda República. Militante da ORGA e amigo de Casares Quiroga, foi nomeado nomeado gobernador civil de Pontevedra o 17 de abril de 1931 e o 5 de agosto gobernador civil de Ourense, posto no que permaneceu ata o 21 de xullo de 1932. Ese ano, ao ser nomeado director do Hospital Clínico de Santiago de Compostela abandonou a actividade política, aínda que posteriormente militou en Izquierda Republicana. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído do seu posto de director e sufriu incautación de bens así como varias multas. En xullo de 1937 foi detido e encarcerado por pertenza á Loxa Libredón nº 6 de Santiago de Compostela. En 1942 o Tribunal Especial para a represión da Masonería condenouno a doce anos e un día de reclusión menor, que logo lle foi rebaixada a seis de prisión maior. Cumpriu a pena no penal de Santa María (Cádiz) entre xaneiro e decembro de 1943. Ao saír do cárcere foi confinado en Pontevedra ata 1947.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Eugenia Pol Sánchez.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Simón Lorda, David (2012). "Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (IV): GALENOS de GALICIA: Guerra Civil e represión polo franquismo" (PDF). Cadernos de Atención Primaria 18: 84–90. Consultado o 20 de xaneiro de 2013.
- Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7). Consultado o 20 de xaneiro de 2013.