Vicecondado de Carcasona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia de Occitania
Prehistoria occitana
  Os primeiros poboadores occitanos
  Occitania romana
  Reino visigodo de Tolosa
  Reino Burgundio da Provenza
    Septimania visigótica
  Ducado de Aquitania
  Comdado de Tolosa
  Vicecondado de Carcasona
  Condado da Provenza
  Condado de Foix
  Cruzada albixense
  Occitania do século XIV ao XVII
  Occitania durante a Revolución Francesa
    Felibritge
    Rexionalismo occitano
    Occitania entre 1900 e 1940
  Occitania baixo o réxime de Vichy
  Occitania até os anos 70
    Occitania e a rexionalización de 1981
Vista da cidadela de Carcasona.

O Viscondado de Carcasona xurdiu en 1082. Nesa data Bernardo Aton IV Trencavel vizconde de Nimes e Albi, alegando os dereitos da súa nai Ermengarda (que os vendera a Barcelona antes do 1070) reclamou os condados de Carcasona e Rasez e os viscondados de Beziers e Agde e se apoderou deles. Os Trencavel foron señores de feito dos dominios pero só co título de vizcondes. Ermengarda morreu en 1101 e o seu fillo Bernardo Aton IV foi entón proclamado formalmente vizconde de Carcasona, Rasez, Beziers e Agde. Barcelona defendeu os seus dereitos repetidamente.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1107 Ramón Berenguer III apoderouse da cidade de Carcasona. En 1129 ou 1130 morreu Bernardo Aton e os seus fillos Bernardo V e Roxerio I sucedéronno o primeiro en Nimes e Agde e o segundo en Carcasona, Rasez, Beziers e Albi. Roger morreu sen fillos en 1150 e o seu irmán Ramón I Trencavel gobernou os estados até 1167. Logo de sete guerras (1096, 1107, 1112, 1120, 1124, 1150 e 1157) Ramon I Trencavel recoñeceu en 1157 a soberanía de Barcelona, recoñecemento confirmado en 1167.

O seu fillo Roger II (III de Beziers) foi vizconde até 1194 (asociado co seu irmán Ramón), e despois o seu fillo Ramón Roger Trencavel até 1209 no que foi desposuído e encarcerado por Simón de Montfort e morto pouco despois en cativerio. O seu parente Bernardo Aton VI de Nimes e Agde, tamén perdeu os seus dominios en 1214.

En 1224 o fillo de Ramón Roger Trencavel, Ramón II Trencavel, logo dalgúns intentos infrutuosos, recuperou os estados do pai, pero perdeunos en 1227; para volver a recuperalos parcialmente en 1240, pero finalmente en 1247 cedeu os seus dereitos ao rei de Francia a cambio dunha pensión.

Lista de vizcondes de Carcasona[editar | editar a fonte]