Saltar ao contido

Versículo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Versículo, que etimoloxicamente procede do latín, quere dicir verso pequeno.

Características

[editar | editar a fonte]

Versículo bíblico

[editar | editar a fonte]

En certos libros, como a Biblia, é a división en frases ou segmentos de frases, realizada dentro de cada capítulo. A división da Biblia en versículos foi iniciativa do impresor Robert Estienne, tarefa que realizou durante unha viaxe a París en dilixencia, en 1551.

Versículo métrico

[editar | editar a fonte]

Chámase versículo ao verso de extensión desmedida, sen número fixo de sílabas nin rima. Trátase, pois, dun verso que non asume ningunha tradición rítmica, polo cal se utilizou na estética literaria denominada Surrealismo.