Saltar ao contido

Veronica Lake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVeronica Lake

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Constance Frances Marie Ockelman Editar o valor en Wikidata
14 de novembro de 1922 Editar o valor en Wikidata
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xullo de 1973 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Burlington, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteHepatite
insuficiencia renal Editar o valor en Wikidata
EducaciónMiami High School (en) Traducir
Universidade McGill Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de televisión, modelo, actriz de teatro, aviadora, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1939 Editar o valor en Wikidata - 1970 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAndré de Toth (1944–1952)
John S. Detlie (1940–1943) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000043 Allocine: 64 Rottentomatoes: celebrity/veronica_lake Allmovie: p40073 150623 TV.com: people/veronica-lake
BNE: XX1266399 Discogs: 1509390 WikiTree: Ockelman-1 Find a Grave: 1727 Editar o valor en Wikidata

Constance Frances Marie Ockelman, nada en Nova York o 14 de novembro de 1922 e finada en Burlington (Vermont) o 7 de xullo de 1973, foi unha actriz estadounidense coñecida como Veronica Lake.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois de varias mudanzas, a familia marchou a Beverly Hills en 1938, onde Veronica comezou a estudar interpretación. Os seus primeiros papeis no cinema foron como extra, sendo o seu primeiro filme Sorority House, de John Farrow, que foi quen notou que o seu cabelo sempre cubría o seu ollo dereito. Destacou por primeira vez nun pequeno papel en Forty Little Mothers e conseguiu un contrato coa Paramount Pictures.

A partír de entón participou en filmes moi populares, sendo nuns anos da década de 1940 unha das actrices máis comerciais de Hollywood. Especialmente coñecidos foron os seus traballos con Alan Ladd, co que a emparellaron debido a curta estatura de ambos.

Durante a segunda guerra mundial o goberno pediulle que cambiase o seu peiteado para axudar a que as mulleres que estaban a traballar nas fábricas levasen un peiteado máis práctico e seguro. Aínda que se reduciron os accidentes tamén decaeu a carreira cinematográfica de Lake.

Durante a súa carreira tivo fama de ser complicado traballar con ela e a mediados da década de 1940 comezou a abusar do alcohol. En 1948 a Paramount decidiu non renovar o seu contrato. En 1951 apareceu nun último filme e ese mesmo ano ela e o seu marido, André de Toth, declaráronse en bancarrota. Lake fixo algúns traballos no teatro e na televisión.

Tras o seu divorcio, viviu en hoteis baratos de Nova York e foi arrestada varias veces por embriaguez. En 1962 un xornalista do New York Post descubriuna traballando de camareira nun hotel de Manhattan.

En 1969 publicou a súa autobiografía, Veronica: The Autobiography of Veronica Lake. Co diñeiro gañado con ela produciu o seu último filme, unha película de terror de pouco orzamento titulada Flesh Feast.

Finou en 1973 de hepatite aguda e dano renal.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Filme
1939 Sorority House
1939 The Wrong Room
1939 Dancing Co-Ed
1939 All Women Have Secrets
1940 Young as You Feel
1940 Forty Little Mothers
1941 I Wanted Wings
1941 Hold Back the Dawn
1941 Sullivan's Travels
1942 This Gun for Hire
1942 The Glass Key
1942 I Married a Witch
1943 So Proudly We Hail!
1944 The Hour Before the Dawn
1945 Bring on the Girls
1945 Out of This World
1945 Hold That Blonde
1946 Miss Susie Slagle's
1946 The Blue Dahlia
1947 Ramrod
1948 Saigon
1948 The Sainted Sisters
1948 Isn't It Romantic?
1949 Slattery's Hurricane
1951 Stronghold
1966 Footsteps In the Snow
1970 Flesh Feast

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]