Veo
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo veo (e aberto) pódese referir a:
- Veo, peza de tecido, xeralmente fino, coa que se cobre ou separa algo; por exemplo o que usan as mulleres para cubriren a cabeza e, en ocasións, a face (ex. veo de noiva). En sentido figurado: aquilo que impide a visión clara dunha cousa.
- Veo, en micoloxía, é unha estrutura que cobre o píleo e o talo dos cogomelos inmaturos. Hai dúas clases:
- Veo do padal, en anatomía, zona muscular situada na parte posterior do padal que separa a cavidade bucal da farinxe;
- Veo umeral, en relixión, pano que os eclesiásticos colocan sobre os ombreiros para algunhas cerimonias litúrxicas.
Outros significados
[editar | editar a fonte]Veo (e pechado) ou vío pódese referir a:
- Veo, extremo superior do eixo do rodicio do muíño de auga, sobre o que se sostén a capa;
- Veo, peza que, ao xirala sobre si, produce á súa vez un movemento de rotación nun mecanismo co que está en comunicación, manubrio, manivela;
- Veo, eixo onde se mete a canela no tear;
- Veos, varas longas e flexíbeis que se colocan arredor do palleiro.
Expresións
[editar | editar a fonte]- Darlle ao veo: falar moito e seguido