Vello Mundo
Denomínase Vello Mundo a aquelas partes da Terra coñecida polos europeos antes das viaxes de Cristovo Colón: Europa, Asia, África e as illas circundantes.
O termo é o oposto a Novo Mundo, que dá a entender a América.
Ámbito
[editar | editar a fonte]Aínda que o interior de Asia e África non foran completamente explorados polos europeos daquel entón, sabíase da súa existencia até Xapón (Cipango), a China (Catai) e Suráfrica. Deste xeito estes rerritorios tamén son considerados como Vello Mundo.
Australia e a Antártida non son nin Vello nin Novo Mundo, xa que estes termos son anteriores ao seu descubrimento polos europeos (porén, algúns chaman a Australia Novísimo Mundo).[1]
Na súa acepción biolóxica, os organismos do Vello Mundo son aqueles que se encontran en Eurasia e África, e os organismos do Novo Mundo son aqueles encontrados en América.
Os viños do Vello e o Novo Mundo
[editar | editar a fonte]A distinción entre Vello e Novo Mundo tamén se aplica aos viños,[2] na que se identifica co primeiro as rexións tradicionais (conca mediterránea e centro-sur de Europa) que cultivan videiras e aos viños producidos alí.
Os viños do Vello Mundo prodúcense a partir de videiras moi coidadas e con estándares de produción elevados. Aplícaselles denominacións de orixe segundo o país (como Porto, Champaña ou Ribeira Sacra).
As técnicas de cultivo do Novo Mundo foron introducidas polos inmigrantes a finais do século XIX e principios do XX. Utilizan marcas emblemáticas para cada país como o Tannat no Uruguai.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ausralia, el pequeño continente del Novísimo Mundo. Biblioteca Virtual Universal. El Tesoro de la Juventud. (en castelán).
- ↑ Vinos Reserva, un concepto relativo Arquivado 18 de decembro de 2014 en Wayback Machine.. René García Valdés. Excelencias Magazine. Consultado o 18 de decembro de 2014.
- ↑ Hoy: Viejo Mundo, Nuevo Mundo. René García Valdés. Excelencias Magazine. Clarín.com. 22 de febreiro de 2012. Consultado el 18 de outubro de 2014.