Veda (relixión)
En relixión, denomínase Veda a cada un dos textos sagrados que constitúen o fundamento da tradición relixiosa da India. Estes textos están escritos en sánscrito arcaico.[1]
Os Vedas pertencen ao vedismo, ou relixión do período védico, historicamente anterior ao hinduísmo.[2]
Textos
[editar | editar a fonte]Son catro textos on recompilacións de himnos, coleccións de oracións, fórmulas de consagración e expiación dirixidos aos deuses, escotos nunha lingua chamada sánscrito védico, do que posteriormente se orixinou o sánscrito clásico. Inicialmente, os Vedas transmitíanse só oralmente, e aínda hoxe, nalgunhas rexións da India, como Kerala, hai escolas védicas onde os nenos aprenden o seu contido de memoria.[3]
- O Rig veda (ou 'Veda dos himnos'), o texto máis antigo da literatura da India, de mediados do II milenio a. C. Texto épico-relixioso con 1 028 himnos (denominados rik) dedicados a múltiples deuses.
- O Sama veda (ou ‘Veda cantábel’), que consiste nun 96 % dos himnos do Rig-veda, ordenados de maneira diferente.
- O Yajur veda (ou ‘Veda do sacrificio’), que consta dun terzo de himnos do Rig-veda.
- O Atharva veda (ou ‘o Veda do [sabio] Átharvan’), conxunto de himnos para contrarrestar maleficios nun sacrificio de fogo.
Patrimonio mundial da humanidade
[editar | editar a fonte]A tradición do canto védico foi cualificada pola UNESCO en 2008 como Patrimonio cultural inmaterial da Humanidade.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ veda, 2º artigo no Dicionario da RAG
- ↑ A Enciclopedia británica (2005) utiliza indistintamente os termos vedismo, brahmanismo védico e brahmanismo, pero reserva o termo vedismo para a primeira etapa (previa ao período Bráhmana), e define o brahmanismo como a relixión da antiga India que evolucionou a partir do vedismo, e que toma o seu nome da posición predominante da súa clase sacerdotal (os bráhmanas) e da especulación acerca do Brahman, o poder supremo.
- ↑ Martins, Roberto de Andrade (2011): "As dificuldades de estudo do pensamento dos Vedas". En: Ferreira, Mário; Gnerre, Maria Lucia Abaurre e Possebon, Fabricio (orgs.). Antologia Védica. Edição bilingue: sânscrito e português. João Pessoa: Editora Universitária UFPB. ISBN 978-85-92665-00-5, pp. 113-183.
- ↑ UNESCO. "La tradition du chant védique" (en francés). Consultado o 13 de decembro de 2020.