Saltar ao contido

Veas dixitais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As veas dixitais ou veas dixitais dorsais son un conxunto de veas do membro superior humano, pertencentes á man. Recollen o sangue venoso da man, dende os dedos. Cada parella de veas drena un dedo e posúen pólas transversais que as comunican entre si. As veas dixitais rematan nas veas metacarpais ou metacarpais dorsais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.