Varry Brava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Varry Brava
Varry Brava, no Festival SOS 4.8 2014, en Murcia.
OrixeOrihuela, Alacant, País Valenciano
Período2009 - ...
Xénero(s)Indie pop
MembrosÓscar Ferrer
Aarön Sáez
Vicente Illescas
Na rede
http://www.varrybrava.com
IMDB: nm12039714 Facebook: varrybrava Twitter: varrybrava Instagram: varrybrava Youtube: UCHuoDS8f8ST7AuZAsDzJEqg Spotify: 6kkQkBRrPcQGUN8g2grxwb iTunes: 373549174 Musicbrainz: 782f4ee2-2a7f-48b4-bb2a-524cec1ec721 Songkick: 3271466 Discogs: 3102459 Deezer: 487728 Editar o valor em Wikidata

Varry Brava é un grupo de indie pop creado en Murcia no ano 2009. Está formado polos oriolanos[1] Óscar Ferrer (vocalista), Aarön Sáez (guitarra e teclados) e Vicente Illescas (guitarra).[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O nome do grupo vén de xuntar o de Barry White co da canción "Brava", da cantante italiana Mina Mazzini.[3]

No 2009 sae á luz a súa maqueta autoproducida Ídolo, composta por dez cancións, nas que amosan unha clara influencia do pop español da década dos oitenta, como Nacha Pop e Radio Futura, aderezada con música disco e reminiscencias new romantic. Con este primeiro traballo percorreron a xeografía española e participaron en festivais tales como Sonorama, Ebrovisión, Electromar, SOS 4.8, Arenal Sound, Con V de Valarés, Lemon Pop, Indielx, B-Side e Low Cost.

A finais do ano 2010 participan nos Conciertos de Radio 3, feito que foi retransmitido en TVE e RNE, feito que volveu ocorrer no 2014.[4]

En febreiro do 2012 lanzan o seu primeiro álbum, Demasié, que foi autoproducido. Un primeiro traballo oficial no que rescatan temas como "No gires" ou "Radioactivo" da súa primeira maqueta Ídolo, co tamén produtor de Second, Raúl de Lara na produción musical. Como carta de presentación estrean o videoclip do seu primeiro sinxelo "Calor", un vídeo no que se olla unha estética glam desenfadada .

No ano 2014 publican a súa segunda longa duración, titulado Arriva: 16 Horas de Juego y 4 Litros de Bebida energética, co que entraron na lista de discos máis vendidos en España.[5] Con esta obra, Varry Brava aposta pola electrónica e realiza unha xira polas principais salas e festivais de España, tales como SOS 4.8, Arenal Sound, EMDIV, e Granapop, entre outros.[6] Tamén foron os autores da canción oficial do diario deportivo Marca para apoiar a Selección de fútbol de España na Copa Mundial de Fútbol de 2014.[7]

Discografía[editar | editar a fonte]

Maquetas[editar | editar a fonte]

  • Ídolo (2009)

Álbums[editar | editar a fonte]

  • Demasié (Autoproducido, 2012)
  • Arriva: 16 Horas de Juego y 4 Litros de Bebida Energética (Darlalata, 2014)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cadena Ser (28 de febreito de 2015). "Entrevista no programa Play Castro" (en español). Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  2. "Páxina web oficial de Varry Brava" (en español). Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  3. RTVE (21 de febreiro de 2012). "Charla en Encuentros Digitales" (en español). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  4. "Concerto en Conciertos de Radio 3" (en español). 12 de novembro de 2014. Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  5. "Artigo de Jenesaispop" (en español). 8 de outubro de 2014. Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  6. "Histórico de concertos de Varry Brava na páxina oficial" (en español). Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  7. Marca (9 de xuño de 2014). "A canción do mundial" (en español). Consultado o 19 de agosto de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]