Vanguard 3
| Vanguard 3 | |
|---|---|
Maqueta de Vanguard 3 | |
| Tipo | Observación terrestre |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 18 de setembro de 1959, 5:20 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Vanguard[3][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral[3][6] |
| Obxectivo da misión | Estudo da magnetosfera terrestre.[3][6] |
| NSSDC ID | 1959-007A |
| Masa | 42,9 kg[3] |
| Dimensións | Esfera de 50,8 cm de diámetro[3] |
| Datos orbitais | |
| Semieixo maior | 8264 km[1] |
| Inclinación | 33,3 graos[1] |
| Apoapse | 3272,0 km[1] |
| Periapse | 514,7 km[1] |
Vanguard 3 foi un satélite artificial dos Estados Unidos lanzado nun foguete Vanguard desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral o 18 de setembro de 1959.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]Vanguard 3 foi lanzado para facer medicións da magnetosfera terrestre, dos raios X solares e os seus efectos na atmosfera terrestre, estudar a contorna de micrometeoritos cerca da Terra e medir o arrastre causado pola atmosfera superior. A instrumentación de a bordo incluía un magnetómetro de protóns, unha cámara de ionización para raios X, transmisores de radio e detectores de micrometeoritos. Cos datos obtívose unha imaxe máis completa da contorna espacial terrestre e definiuse mellor a parte inferior dos cintos de radiación.[2][3][5][6]
O satélite estabilizábase mediante xiro e funcionou alimentado por baterías ata que se esgotaron tras 85 días en órbita. Despois diso o satélite foi seguido opticamente para estudar o efecto do arrastre da atmosfera na súa órbita. Tiña forma de esfera de 42,9 kg de masa e 50,8 cm de diámetro da que sobresaía un mastro cónico de 66 cm de longo. O interior da esfera estaba presurizado e contiña a instrumentación, incluída a electrónica de comunicación e dos experimentos. Tamén contiña unha cinta grabadora de datos para transmitilos ao pasar sobre unha estación de seguimento. Do corpo do satélite sobresaían catro antenas a intervalos de 90 graos e no seu exterior tamén se atopaba unha célula solar de sulfuro de cadmio, cerca do ecuador da esfera. O magnetómetro ía no extremo do mastro.[3][5][6]
Dada a súa órbita, Vanguard 3 permanecerá no espazo uns 300 anos antes da súa reentrada na atmosfera terrestre.[3][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "VANGUARD 3" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2018.
- 1 2 3 "Letter dated 6 March 1962 from the Acting Secretary-General addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space, transmitting a communication dated 5 March 1962 from Permanent Representative of the United States of America" (PDF) (62-04423). 7 de marzo de 1962: 2. Consultado o 13 de marzo de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 NASA (21 de marzo de 2017). "Vanguard 3" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2017. Consultado o 13 de marzo de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Vanguard Magnetometer satellite" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2018.
- 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Vanguard (20in Magnetometer, X-Ray, Environment)" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 Mark Wade (2011). "Vanguard 3" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vanguard 3 |