Vanden Plas (automoción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Minerva 40CV, carrozaría Landaulette de Van den Plas 1932
Carrozaría Alvis Speed 20 de Vanden Plas 1933

Vanden Plas é o nome dos carroceiros que produciron carrozarías para fabricantes de automóbiles especiais e de alta gama. Ultimamente o nome converteuse nunha designación de modelos de gama alta de luxo para os coches de varias filiales de British Leyland e do Grupo Rover, utilizado por última vez en 2003 para designar a versión longa do Rover 75.

Bélxica e Inglaterra[editar | editar a fonte]

Carrozarías personalizadas e a medida[editar | editar a fonte]

O negocio comezou en 1870 en Bruxelas Bélxica como Carrosserie Van den Plas, inicialmente facendo eixes para carruaxes tirados por cabalos. Foi fundada por Guillaume Van den Plas, un ferreiro, e os seus tres fillos, Antoine, Henri e Willy, que máis tarde montaron unha sucursal en París. En 1884 trasladáronse de Bruxelas a Antuerpen. Co aumento do negocio abriron unha sucursal en Bruxelas outra vez en 1890. En 1900, traballaron con de Dion Bouton, Berlier, Germain, Packard. En 1908 Vanden Plas tiña 400 empregados que producían 300 corpos especiais ao ano e pronto aumentaron a máis de 750.[1] A empresa belga cesou a produción en 1934 e da súa rama francesa da mesma.

Bentley 6½ litros, carrozaría de turismo aberta de Vanden Plas 1928

O nome do carroceiro apareceu por primeira vez no Reino Unido en 1906, cando os coches Métallurgique eran importados con carrozarías Vanden Plas.

Durante a I Guerra Mundial as actividades no Reino Unido foron cambiadas para producir avións e o negocio foi comprado por Aircraft Manufacturing Company con base en Hendon, preto de Londres. En 1917 constituiuse á empresa, Vanden Plas (1917) Ltd.. Logo da guerra houbo problemas para volver a fabricar carrozaías e en 1922 a empresa foi colocada baixo administración xudicial. Os dereitos exclusivos do nome no Reino Unido perderonse na década de 1920 a empresa belga estaba presente no London Motor Show xunto coa empresa británica. En 1923 os dereitos sobre o nome foron comprados polos irmáns Fox que fundaron a Vanden Plas (Inglaterra) 1.923 Limited. Trasladaron o negocio desde Hendon a Kingsbury baseandose nos contactos que fixeran con Bentley. Entre 1924 e 1931, Vanden Plas construíu as carrozarías para máis de 700 dos seus chasis.

Na década de 1930 a empresa pasou a ser menos dependente dun só fabricante de automóbiles e forneceu carrozarías a Alvis, Armstrong Siddeley, Bentley, Daimler, Lagonda e Rolls-Royce. A compañía tamén actualizou os seus métodos de produción que a levaron a facer pequenos lotes de carrozarias similares. Co estalido da guerra en 1939, a compañía volveu a fabricar avións e abandonou as carrozarías. Durante a guerra a compañía fabricou o marco de madeira para o de Havilland Mosquito, un dos avións máis exitosos da Segunda Guerra Mundial. Logo da guerra, a compañía continuou a súa asociación con de Havilland e fabricou pezas para o avión de combate DH Vampire.

Produción de Limusinas[editar | editar a fonte]

Princess[editar | editar a fonte]

Limusina Princess Vanden Plas de 1966

Coa paz en 1945, a compañía buscou reiniciar o seu vello negocio cando chegou un novo cliente. Austin quería comercializar unha versión do Rolls Royce de 4 litros con condutor, o coche de luxo A110 Sheerline e achegouse a Vanden Plas. Vanden Plas converteuse nunha subsidiaria da Austin Motor Company en 1946 e produciu o modelo de Austin A120 Princess no chasis do Austin Sheerline.

Desde 1958 tamén incluíron a montaxe do chasis e o consello de administración de Austin (agora BMC, resultante da fusión de Austin Motor Company e a Nuffield Organisation (propietaria de Morris, MG, Riley e Wolseley) en 1952) recoñeceu a Vanden Plas como fabricante por dereito propio, Austin cedeu o nome, polo que o Princess podía venderse en concesionarios de Nuffield. En 1960 Princess converteuse en Vanden Plas Princess.

Daimler DS 420[editar | editar a fonte]

Daimler DS420 de Vanden Plas

Jaguar (que fusionárase con BMC en 1966) fusionou Austin coa súa nova filial Daimler. a produción de limusinas Princess terminou en 1968, cando foron substituídas polas limusinas Daimler DS420 (Jaguar adquirira Daimler en 1960) construídas por Vanden Plas nunha plataforma alongada do Jaguar Mark X. O DS420 foi producido na fábrica de Vanden Plas en Kingsbury Lane ata que se pechou en novembro de 1979.[2]

A xunta xeral da empresa British Leyland decidiu en 1967 que non había fondos suficientes no orzamento de publicidade do grupo para facer fronte á comercialización conxunta en América do Norte da marca Daimler, e da marca Jaguar. Esta decisión cambiouse máis tarde, pero en América do Norte utilizouse Vanden Plas no lugar de Daimler nos modelos de luxo superiores de Jaguar. A propiedade do nome Vanden Plas quedou no Grupo Rover polo que cando vendeu Rover, Jaguar viuse obrigado a deixar de usar a marca Vanden Plas no Reino Unido malia que continuu facéndoo en América. No Reino Unido o Daimler Double-Six Vanden Plas converteuse simplemente no Daimler Double-Six.

Emblema de Enxeñería[editar | editar a fonte]

Tamén en 1957/8, os Vanden Plas deseñados por Leonard Lord agregaron accesorios de luxo nun lote de automóbiles Austin A105 Westminster, comezou a práctica de utilizar os coñecementos e o nome da empresa como emblema de enxeñería para versións de luxo (realmente melloradas) de moitos coches BMC (máis tarde British Leyland (BL)) como o 1100/1300 e o Allegro (coñecido como Vanden Plas 1500, 1,5 e 1,7[3] 1975 ata 1980).

De 1982 a 1989, Austin Rover fixo series Vanden Plas de alta gama para os modelos Metro, Maestre, Montego e Rover SD1.

O nome tamén se utiliza en América do Norte nos coches marca Jaguar, e noutros mercados se utiliza baixo a marca Daimler.

En 1992, unha compañía xaponesa recreou o Vanden Plas 1100/1300 nun Nissan Micra K11. Tratábase de replicar a parte dianteira e traseira do Vanden Plas, co esquema de pintura en dous tons que baseabase no modelo orixinal da década de 1960.

O último coche británico mercado no Reino Unido co nome Vanden Plas foi o Rover 75 a principios do século XXI.

China[editar | editar a fonte]

Os dereitos sobre o deseño dos coches Rover 75 e do Grupo MG (que antes fora MG Rover) foron comprados por unha empresa chinesa, Nanjing Automobile. Ford adquiriu o nome de Rover ao Grupo Rover propietario anterior a BMW para protexer a marca Land Rover de Shanghai Automotive que quería o nome Rover para o seu coche baseado no 75 (Ford era nese momento propietario de Land Rover e Jaguar). O nome Vanden Plas (para fóra de Norteamérica) e moitos outros nomes de Leyland adquiriunos Nanjing Automobile.

Vexase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "History". Vanden Plas Owners Club. Consultado o 7 agosto 2012. 
  2. Coachbuilding in 1979 - Vanden Plas. Robert Vickers. London's Industrial Archaeology No.5 1994 p.10ff
  3. Vanden Plas 1500/1.5/1.7, www.vpoc.info Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Retrieved on 18 febreiro 2013

Xeral[editar | editar a fonte]

  1. Vanden Plas history & models at "The unofficial Austin Rover resource"

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]