Valeriano Yepes Hernández de Madrid
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de abril de 1925 Novés, España |
| Morte | 29 de xullo de 2012 A Coruña, España |
| Actividade | |
| Ocupación | enxeñeiro agrónomo |
| Membro de | Real Academia Galega de Ciencias (1984–2012) |
| Familia | |
| Fillos | Ricardo Yepes Stork |
Valeriano Yepes Hernández de Madrid, nado en Novés (provincia de Toledo) o 14 de abril de 1925 e finado na Coruña o 29 de xullo de 2012, foi un enxeñeiro agrónomo español.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Enxeñería Agrónoma en Madrid e posteriormente doutorouse en 1966.[1] Trasladouse a Galicia en 1951 onde traballou no seu campo. Iniciou campañas para amosar o uso de praderías artificiais, a construción de silos e o ensilado da herba en 1966. Destas campañas naceron as melloras realizadas nas explotacións gandeiras de Galicia.[1]
En 1969 é nomeado director do Centro de Investigacións de Galicia, organismo dende o que se concentrou na organización e difusión da investigación agraria. Este traballo culminouse coa creación do Centro Rexional de Investigación e Desenvolvemento Agrario en Mabegondo, e do que foi director ata 1983.[1]
O seu traballo foi recoñecido con diversas condecoracións, e en 1984 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias como membro de número coa lectura do discurso Ideas sobre la investigación agraria.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Magdalena Stork Gadea, e foi pai de María de los Ángeles, Ricardo, Silvia e Pablo Yepes Stork.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]- La producción de carne en la provincia de La Coruña, 1966.
- Intensificación de la producción pratense y forrajera, 1955.
- Mezclas pratenses en las praderas artificiales de Galicia, 1957.
- Posibilidades de expansión de la agricultura del noroeste de España, 1964.
- Ensayo de abonado de praderas con nitrógeno, 1966.
- Variedades de gramíneas y leguminosas recomendadas para Galicia, 1977, en colaboración con outros autores.
- El uso de la tierra en Galicia, 1983.
- Ideas sobre la investigación agraria, 1984.