Val de Benasque
Aparencia
Coord.: 42°36′N 0°30′L / 42.6, 0.5
| Tipo | val Historical Site (en) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| División administrativa | Ribagorza, España | ||||
| |||||
| Bañado por | Río Ésera | ||||
| Cordilleira | Pireneos | ||||
| Características | |||||
| Ben de Interese Cultural de España | |||||
| Data | 24 de xullo de 1970 | ||||
| Identificador | RI-54-0000032 | ||||
O val de Benasque (en aragonés Bal de Benás, en benasqués Ball de Benás) é un val pirenaico situado na comarca oscense da Ribagorza, no tramo superior da conca do río Ésera.
Os municipios que forman parte do val son Benasque e Sahún. No primeiro deles encóntrase o lugar de Sarllé (Cerler), no que se acha a estación de esquí Aramón Cerler.
No lugar fálase o que se coñece como o benasqués, unha fala de transición entre o aragonés e o catalán.
No val atópanse os cumios máis altos do Pireneo, destacando o Aneto, de 3.404 metros de altitude, e o Posets. A maioría dos glaciares pirenaicos están no val de Benasque.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Val de Benasque |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
