Víctor Basterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVíctor Basterra

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1944 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte7 de novembro de 2020 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
La Plata, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo , impresor Editar o valor em Wikidata

Víctor Melchor Basterra, nado en 1945 e finado en La Plata o 7 de novembro de 2020,[1] foi un obreiro gráfico arxentino que permaneceu detido-desaparecido durante a guerra sucia na Arxentina e destacou por sacar clandestinamente durante o seu cativerio, fotografías de detidos desaparecidos e represores dentro do centro clandestino de detención situado na Escola de Mecánica da Armada (ESMA) para logo ocultalas e dalas a coñecer unha vez terminada a ditadura militar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Víctor Basterra era de profesión obreiro gráfico. Na década de 1970 foi militante da agrupación Peronismo de Base. Colaboraba na confección de documentación apócrifa, que lle permitiria aos cadros guerrilleiros moverse sen ser identificados. Esa capacidade foi valorada e logo explotada polos seus captadores.

En agosto de 1979 foi secuestrado xunto coa súa esposa e a súa filla recentemente nada e conducido á Escola de Mecánica da Armada (ESMA) onde permaneceu detido-desaparecido ata decembro de 1983, cando asumiu o goberno democrático de Raúl Alfonsín, aínda que permaneceu vixiado e controlado ata agosto de 1984.

Basterra foi unha das testemuñas que declararon no histórico Xuízo ás Xuntas onde presentou as fotos que tomou clandestinamente dentro da ESMA. Desde entón o seu testemuño foi importante en varias causas para individualizar a responsabilidade dos represores. No ano 2002, o senador santafecino Horacio Usandizaga enfrontouse con Basterra debido a que este sostivo que un dos mariños cuxo ascenso estaba tratando a Cámara de Senadores actuara como represor na ESMA [2].

As fotografías de Víctor Basterra[editar | editar a fonte]

Víctor Basterra tomou relevancia por sacar unha serie de fotos de detidos-desaparecidos e represores durante o seu cativerio dentro da Escola de Mecánica da Armada.

Durante a súa detención na ESMA Basterra debeu realizar tarefas de falsificación de documentos de identidade que logo eran utilizados polas Forzas Armadas en accións ilegais. Para iso debía sacar fotografías.

Basterra entón comezou a sacar fotografías de detidos-desaparecidos e represores e a ocultalas nas caixas de papel fotosensible. Nos últimos anos da ditadura, Basterra estivo sometido a un réxime de liberdade vixiada que aproveitou para sacar as fotos da ESMA e ocultalas na súa casa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bertoia, Luciana (7 de novembro de 2020). "Murió Víctor Basterra, sobreviviente y testigo clave de los juicios de la verdad". Página/12. Consultado o 7 de novembro de 2020. 
  2. "Usandizaga defiende y justifica a torturadores y genocidas", La Capital de Rosario, 25 de xuño de 2002 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]