Usuario:Patricia Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

VIDA: Turín (1909 - 2004) Ensaísta, profesor e teórico do pensamento político. Norberto Bobbio nace o 18 de outubro de 1909 en Turín,no seo dunha familia acomodada e relativamente progresista. Seu pai, Luigi Bobbio, era un dos cirujanos máis prestixiosos da cidade. Norberto tivo unha infancia e unha adolescencia felices, protexido como estaba polo entorno paterno. Tivo por compañeiro de clase ao escritor Cesare Pavese, con quen compartiu, entre outras cousas, o entusiasmo por o idioma inglés e os clásicos da literatura anglosaxona. A súa paixón crecente pola lectura desarrollouse nun ambiente familiar despreocupado, sen obsesións clasistas nin políticas. Anque este entorno familiar era filofascista, como en xeneral ocorría en toda a burguesía italiana da época, cando en 1919 Bobbio entrou a estudar no Liceo Massimo d’Azeglio encontrouse con que a maioría do profesorado era abertamente antimussoliniano. A educación política chegoulle ao filósofo por esta vía, máis en concreto grazas a mestres como Zino Zizi ou Augusto Monti. Tamén algúns amigos que seguiron estudando con el na universidade, como Leone Ginzburg e Vittorio Foa, foron eficaces na posterior «conversión» ideolóxica de un xoven hasta entonces sen especiais inquietudes neste terreo. MILITANTE ANTIFASCISTA En 1927 Bobbio ingresou na Facultade de Dereito da Universidade de Turín. Naquel tempo aínda pertencía aos Grupos Universitarios Fascistas (GUP), anque as mencionadas compañías, unidas a algúns episodios concretos, foron desvinculándoo desta vaga militancia. En 1935, unha operación da policía fascista acabou co arresto domiciliario de Bobbio, debido a que a maioría dos seus amigos formaban parte da asociación esquerdista Xustiza e Liberdade. Pouco tempo despois comezou o seu currículo como profesor universitario, que en 1938 levouno á cátedra de filosofía del dereito da Universidade de Siena. En 1939 tomou contacto por primeira vez co pensamento de Thomas Hobbes, filósofo que inspiraría gran parte do seu pensamento político e de que se lle considera un dos maiores especialistas. A militancia fascista de Bobbio foi hasta esa época puramente anecdótica (moitos cidadáns estaban afiliados ao Fascio unicamente por razóns prácticas, sen ter por esto simpatía por Mussolini e as súas ideas), xa que de feito a práctica totalidade dos seus amigos pertencía a círculos antifascistas. Ao chegar os anos corenta, Bobbio cambiou a súa actitude e pasou a militar aberta e conscientemente contra o fascismo. Non na forma dun marxismo ortodoxo, senón no marco do movemento liberal socialista, que en pouco tempo se fundou dentro do Partido de Acción. Non se pode dicir que durante a guerra Bobbio correra un grave perigo ao adoptar esta postura. O seu antifascismo era de extracción burguesa, o que quería dicir que aproveitaba os privilexios familiares sen limitarse á protesta: en 1942 participou na fundación da sección véneta do Partido de Acción. En 1943 Bobbio casouse cunha antiga amiga do Liceo e compañeira de militancia, Valeria. Ao pouco tempo, un decreto non excesivamente severo ordenou o traslado de Bobbio á Universidade de Cagliari. Pouco despois produciuse a caída de Mussolini: a debilidade crecente do seu partido traduciuse nunha militancia máis activa por parte da resistencia. Bobbio mantivo contactos coas primeiras partidas de partisanos. Esta actividade levouno ó cárcere, do que saíu en 1944 para retornar a Turín. Foron tempos duros nos que encontrou unha cidade moi distinta á que había deixara anos atrás: rexistros continuos, fame, bombardeos. A unión das forzas de esquerda, coordinadas por o Partido Comunista, fíxose necesaria. Bobbio foi o encargado de ocuparse da prensa clandestina do fronte. INTELECTUAL DE PRESTIXIO En 1945 produciuse a viaxe a Inglaterra do que Bobbio dixo: «serviume para coñecer por primeira vez a democracia». Unha boa experiencia para afrontar con miras máis amplas o panorama de renovación política que levou á liberación. Bobbio seguiu militando no Partido de Acción, criticando á Democracia Cristiá pola súa filiación á Igrexa e mantendo posicións distanciadas con respecto aos comunistas e ó Partido Socialista. Non obstante, o fracaso electoral da súa formación, que solo logrou sete escanos en todo o país, fixo que Bobbio decidira abandonar para sempre a política activa. Nesa época produciuse un feito crucial na vida social italiana das seguintes décadas: o progresivo aliñamento da cultura progresista en torno ao Partido Comunista (PCI) e o seu gradual abandono do resto de formacións políticas de esquerdas. Os «accionistas» de Bobbio, de corte moi intelectual e enraizado dalgún modo coa tradición histórica do liberalismo europeo, non calaron entre una xuventude que votaba masivamente ao PCI. Bobbio profundizou nos seus estudos sobre historia do pensamento político. O seu prestixio intelectual foi crecendo, en gran parte, grazas a súa aportación á revista Occidente, nacida en Milán en 1945 e trasladada a Turín en 1952. O rector da universidade da cidade invitou de feito a Bobbio, pertencente ao comité de redacción da publicación, a pronunciar o discurso de apertura do curso académico, o primeiro desde que chegaran os fascistas ao poder. O núcleo articulado en torno a Occidente, anglófilo en xeral, mantivo estreitos vínculos coa Sociedade Europea de Cultura. Os seus integrantes, nunha época na que a idea de Europa dificilmente era mantenible despois dunha cruel guerra, marcaron as pautas do que décadas máis tarde serían os primeiros esbozos dunha Europa unida. En 1955, tras publicar Estudios sobre la teoría general del derecho, Bobbio foi un dos membros da primeira delegación italiana invitada a visitar a China de Mao. Italia e o país asiático non mantiñan aínda contactos diplomáticos. A viaxe serviu a Bobbio para reafirmarse nas súas sospeitas, marcadas polos demais, de que o comunismo chino e prosoviético pouco tiña que ver con Marx e menos aínda con Hegel. Nas discusións cos «intelectuais» chinos e rusos chegou Bobbio á conclusión de que eran meros «membros do partido» e as alusións á liberdade de expresión quedaban sufocadas nun entorno opresivo e embarazoso. En 1962 Bobbio comezou a ensinar ciencias políticas ademais de filosofía do dereito

A INFLUENCIA DUN PENSADOR A actividade intelectual de Bobbio e a polémica xerada en torno a estes temas fixeron que a súa notoriedade aumentara considerablemente. En 1966 foi invitado ao Congreso Internacional de Filosofía do Dereito, celebrado en Praga, donde se lle instou a pronunciar as ponencias inaugurais tanto do VI Congreso como da Hegel Gesellschaft. O 68 francés tivo eco na Facultade de Turín, o que colleu por sorpresa tanto a Bobbio como ao resto do profesorado. Para o filósofo e ensaísta, a revolta estudiantil foi unha demostración de «a fraxilidade da estabilización da democracia e do centroesquerda na que xa creíamos». Despois dun prudente retiro docente, en 1969 Bobbio publicou Ensaios sobre a ciencia política en Italia, un brillante compendio do seu pensamento sobre esta disciplina. Así mesmo, volveu á política ao presentarse como senador pola coalición PSI-PSDI (socialistas e socialdemócratas), que cosechou un rotundo fracaso electoral.