Saltar ao contido

Usuario:Lalolilolita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Caracol ao pôr-do-sol[editar | editar a fonte]

Caracol ao Pôr-do-Sol foi o poemario póstumo de Ernesto Guerra da Cal, que el preparara arredor do ano 1992, e foi publicado con un prólogo do Profesor Carlos Reis no ano 2001 pola editorial Agal. En 2001 a AGAL incluiu na súa colección literaria Caracol ao Pôr-do-Sol.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Poemarios: marcaron o camiño do reintegracionismo moderno:

  • Lúa de Além-Mar [1](1959).
  • Poemas (1961).
  • Río de Sonho e Tempo (1962).
  • Motivos do Eu (1966).
  • Futuro Imemorial (1985).
  • Deus, Tempo,Morte.
  • Amor e outras Bagatelas (1987).
  • Espelho Cego (1990).

Alén disto, publicou dúas obras centradas na figura de Rosalía de Castro: Antologia Poética. Cancioneiro Rosaliano (1985) e Seis Poemas a Rosalia de Castro (1988). Caracol ao Pôr do Sol (1992) foi o seu derradeiro poemario, publicado postumamente en 2001.

Estructura[editar | editar a fonte]

O libro está composto por 125 páxinas que se dividen nun prólogo e once epígrafes, cun total de sesenta e tres poemas, a última das cales titulada “Sumo Parnaso Nosso”, con dous poemas adicados a Luís de Camões e a Rosalía de Castro. A capa é de Raguer Caldas .

[editar | editar a fonte]

O volume inicíase co texto de apresentación “Ernesto Guerra da Cal e a poesía no crepúsculo da vida” (páx. 7-9) do Profesor Doutor Carlos Reis, da Universidade de Coimbra. Nese traballo, este prestixioso especialista portugués salienta que Ernesto da Cal «nunca renunciou» à identidade cultural galega. E entre outras valorizacións valiosas deste libro de poesía, engade Carlos Reis (páx. 8-9):

Como espírito superior que sempre foi, Guerra da Cal soubo tirar da vida as lecións que ela quixo ensinarlle e deducir delas a sageza que ben lle coñeceran os que tiveran o privilexio de convivir con el . Caracol ao Pôr-do-Sol é consecuencia directa desa sageza; e así o caracol, bicho directamente saído da memoria viva da Galiza materna, ven ensinarnos, no crepúsculo da vida en que lentamente destila a baba “Baba lírica”(páx.15) dun tempo final, unha lección que é a desa sageza.

Na poesía crepuscular de Guerra da Cal, resoa lúcidamente a certeza da irreversíbel crueldade dun tempo que non se deten e que, na sua marcha imparábel, trae consigo a morte. Mais nin por iso a poesía de Guerra da Cal é menos serena, sen deixar de ser, moitas veces, un exuberante tributo ao poder creativo e catártico da linguaxe: se o tempo é implacábel e se está para chegar a noite da vida, sen apelo nin retorno, entón a poesía debe ser unha celebración do que esa vida soubo dar. No debate sordo entre Eros e Thanatos, subsiste o vigor co que o poeta afirma o amor, a vitalidade que o fascínio pola muller implica, a evocación de instantes redentores, a atracción polo misterio do coñecemento, a revelación de momentos en que se sente un “calafrio mortal de beleza” e tamén unha progresiva identificación con Deus, sin outro intermediário que non sexa o propio discurso do poeta. Todo iso e, ao mesmo tempo, o desasombro co que Guerra da Cal recoñece o carácter transitorio da existencia humana, a pequenez do home perante Deus, o «escuro silêncio» no que o tempo pode mergullar, o misterio da identidade traduzido na «agonia de non saber quen son eu».

I. Caracol ao pôr-do-sol[editar | editar a fonte]

No primeiro epígrafe o autor comeza con varias citas de personalidades tales como: Mathew Arnold Sthèpane Mallarmè,Novalis e Pascal. A continuación inclúese un único poema que é o que da nome ao libro, baixo unha cita de Jonh Donne «Yesternight the sun went hence, And yet is here today». Nesta composición o tema principal é o paso do tempo, seguindo o tópico latino “tempus fugit”, onde o autor reflicte como esperamos todos (coa figura do caracol) por ese solpor da vida (morte).

II. Gaivota alta[editar | editar a fonte]

Gaivota alta esta constituída por un conxunto de seis poemas, introducidos por unha cita de Juan Ramón Jiménez «Dios está azul».Poderíase dicir que estes poemas están englobados no mesmo epígrafe debido a presenza de Deus, o mar, o vento e dúbidas existencialistas, véase no poema “Documento”, en moitos deles. A aspectos formais, cabe destacar como Guerra da Cal en algúns dos poemas recalca o pronome persoal “EU” en maiúscula. A datación dos poemas comprende dende 1962 até 1990 case o final da súa vida, escritos en diferentes cidades .

III. Lagarto absorto[editar | editar a fonte]

Composto por oito poemas, este epígrafe pode englobarse a grandes rasgos na temática amorosa. Datados desde o ano 1987 até o 1995. Cabe destacar o poema “Pasmo Carioca”, que, a pesar da súa brevidade, foi composto nun transcurso de cinco anos (1990-1995) e en dous lugares diferentes: Londres e Rio de Janeiro, respectivamente. Como a meirande parte dos epígrafes, este comeza cunha cita de Federico García Lorca.

IV. Coraçao no trovâo[editar | editar a fonte]

Coraçao no trovâo é o epígrafe máis longo de todo o poemario debido aos seus dez poemas que tratan sobre a falta da persoa amada, case sempre pola morte, máis as veces tamén pola distancia física. París, Londres, Nueva York, Estoril e Lisboa son os lugares onde Ernesto Guerra da Cal compuxo estes poemas entre os anos 1960 e 1990.

V. Relógio de areia[editar | editar a fonte]

Epígrafe composto por sete poemas que, a diferencia do resto, non aparece introducido pola cita ou citas de ningún autor. Á hora de temática, podemos falar de o paso do tempo, tema típico e recurrente no poemario. Isto reflíctese no título dalgúns poemas, debido a que hai alusións temporais como: “Tempo”, “Instante”, “Crepúsculo de ontem”. Datados entre 1959 e 1990.

VI. Alma do espello[editar | editar a fonte]

Alma do espelho é un epígrafe composto por sete poemas introducidos por as citas de Antonio Machado e José Luís Borges. Obsérvase unha temática variada que podería agruparse grazas ao emprego de elementos como: o reflexo ,a fiestra, o espello… Como peculariedade cabe destacar os títulos de dous poemas escritos en latín: “Ubi?”, “Nom sum dignus”. Estes poemas serían compostos entre os anos 1958 e 1991, a maioría escritos en Londres.

VII. Noite Nua[editar | editar a fonte]

Epígrafe composto por oito poemas onde o autor reflexiona sobre a morte e o que acontece despois dela. Como peculiaridade, cabe destacar que dous dos poemas comprendidos neste epígrafe teñen o seu título en lingua latina, son estes: “Nihil scitur” e “Inter umbra”. Estes poemas foron compostos nun período de 31 anos (1960-1991) en diversos lugares como Londres ou Estoril entre outros.

VIII. Torre de gelo[editar | editar a fonte]

Torre de gelo está composto por seis poemas nos que o poeta reflexiona sobre a vida. Empregando as maiúsculas outra volta para dar énfase e resaltar certas composicións. Os poemas foron compostos entre Nueva York e Londres no período comprendido entre 1950 e 1991.

IX. Sarça ardente[editar | editar a fonte]

O título deste epígrafe tómase dunha cita bíblica (éxodo,III-4) a mesma coa que se introduce o paratexto, ademais da cita de Elizabeth Barrett Browning. Composto por cinco poemas datados entre 1959-1990, este epígrafe ten a morte como temática predominante. No poema “Poesía” hai unha reflexión metaliteraria na que se fala da propia arte. Por vez primeira, o autor emprega unha liña de puntos para separar as estrofas, como pode verse no poema “Verbo”.

X. Tres poemas carnais[editar | editar a fonte]

Estes tres poemas datados entre 1977 e 1991 son de temática erótica. Chama a atención o emprego da letra negra para destacar certas palabras chave relacionadas coa temática como: “sexo, alma, peitos e corpo” entre outros.

XI. Sumo parnasso nosso[editar | editar a fonte]

Este epígrafe está composto por dous poemas adicados a Luís de Camões e Rosalía de Castro. O primeiro foi escrito na Lisboa de 1958, mentres que o segundo comezouse a producir en Estoril no ano 1989 e foi rematado en Londres no ano 1990. No primeiro poema, o autor quere rememorar e ensalzar a figura de Luís de Camões e ser o seu leal servidor para aprender do “mestre”, tal como o denomina o poeta. No segundo, adicado a Rosalia de Castro, a temática principal é a Galiza e a figura de Rosalía como nai das nosas letras.


Traballos adicados[editar | editar a fonte]

Nun estudo dedicado a este libro de poesía, Joel R. Gômez, pesquisador do Grupo de Investigação Galabra da USC, concluíu que representa “a culminaçom de um projecto de décadas em que Guerra da Cal trabalhou pola internacionalidade da língua e a literatura da Galiza” (citação do estudo “Um projecto de internacionalidade para a língua e a literatura da Galiza: Estratégias para a didáctica de Caracol ao Pôr-do-Sol, de Ernesto Guerra da Cal”, publicado in Marco, Aurora, et alii (2004), Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y la Literatura, A Corunha, Deputación da Coruña, Tomo I, pp. 325-333. A citación corresponde a páxina 326).