Saltar ao contido

Prekmurio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Usuario:Kamakic/Prekmurio»)
Primeiro abecedario en prekmuro (1725)
Mapa dos dialectos do esloveno. O prekmuro marcado de cor ocre na dereita superior

O prekmuro é un dialecto da lingua eslovena que se fala na rexión de Prekmurje en Eslovenia que que utiliza tamén a minoría eslovena do condado de Vas en Hungría, que ten como centro cultural a vila de Szentgotthárd. Tradicionalmente tamén o falaba a colonia eslovena establecida no condado de Smogy nos séculos XVII e XVIII pero que gradualmente quedou asimilada pola poboación húngara.

Na súa orixe formaba parte dun continuum dialectal que abranguía tanto os grupos dialectais carintio e panonio do esloveno como o dialecto kaikaviano do croata[1], que non compartiu as innovacións que se orixinaron dos dialectos centrais do esloveno.

O prekmuro goza dunha forte vitalidade, como en xeral o resto dos dialectos eslovenos, é a fala habitual no fogar mesmo dos estudantes universitarios[2]. Tivo tamén o seu propio estándar escrito e a súa tradición literaria ata 1919, continuando en uso nalgunhas publicacións periódicas ata a segunda guerra mundial.

Características

[editar | editar a fonte]

A filoloxía eslovena engloba o prekmuro dentro do grupo dialectal panonio (panonska narečna skupina)[3] O dialecto inclúe moitas palabras arcaicas que non están presentes no esloveno estándar, tamén presenta moitos préstamos léxicos do alemán, e en menor medida do húngaro[4]

  1. Marc L. Grennberg (2009). "Prekmurje Grammar as a Source of Slavic Comparative Material" (pdf). Slovenski jezki - Slovene Linguistic Studies (7): 41. Consultado o 8 de xuño de 2010. 
  2. Grant H. Lundberg (2007). "Perceptual Dialectology and the Future of Slovene Dialects" (pdf). Slovenski jezki - Slovene Linguistic Studies (6): 100. Consultado o 8 de xuño de 2010. 
  3. Fran Ramovš (1957). Karta slovenskih narečij v priročni izdaji‬. Liubliana:Cankarjeva založba. 
  4. Mihaela Koletnik (2010). "Traces of Interlingual Contacts in Prekmurje Agricultural Terminology" (pdf). Diaclectologia (4): 64. Consultado o 8 de xuño de 2010.