Conversa:Prekmurio

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

No de alemán fai falta confirmalo, palabra a palabra, que algunha ten, pero debido ás datas e a súa antigüidade é máis probable que a maioría das palabras incluídas da familia xermánica non sexan do alemán, se non que de dialectos máis antigos. Eu apuntaría a que dialectos do alemán superior, cousas como as que falaban os antigos suevos, xa que é unha zona onde residiron marcomanos, cuados, longobardos, visigodos etc.

Recoméndoche que leas o meu artigo de Suabia en galego.

E de paso podes pasar polo artigo zuriqués porque deixaches un espazo entre a paréntese e a zeta de züritüütsch. Ademais deixases o resto en cursiva, o que despois corrixiu Xoacas. Poderías tamén facer o favor de reestablecer o texto borrado e compaxinalo.

Non fagas nos artigos alleos o que non queiras que lle fagan aos teus, sobre todo se es a persoa que sabe menos ao respecto. --IP

Imos por partes, se tes interese en discutir o artigo non hai problema, pero se é unha rabieta infantil por modificar un artigo non contes que che faga o xogo. Primeiro eu as fontes que teño falan do alemán, non mencionan ningún dialecto específico e eu non vou inventar ao meu gusto, segundo basicamente as palabras de orixe latina presentes no prekmuro son préstamos procedentes das linguas romances que penetraron a través do alemán. O resto é especulación, se me forneces con bibliografía que dea creto ás túas teorías para incorporalo ao texto agradeceríacho.--Kamakic 14:05, 9 de xuño de 2010 (UTC)

Movemento[editar a fonte]

Movín o artigo dende unha subpáxina de usuario, alí estivo uns sete anos. Para cumprir a licenza que toda páxina da wikipedia ten indiquei o autor no resume, polo que ao ser un artigo de enciclopedia non hai nada nas normas que impida pasala ao espazo principal, aínda que o autor optara (non sei ben a razón) por deixala no seu espazo.--HacheDous=0 (conversa) 8 de setembro de 2017 ás 21:43 (UTC)[responder]