Usuario:Elisardojm/Awa Marie Coll-Seck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElisardojm/Awa Marie Coll-Seck

Awa Marie Coll, nada en Dakar o 1 de maio de 1951, é unha médica e política senegalesa, investigadora especializada na SIDA con múltiples publicacións que entre 1996 e 2001 foi xefa de departamento do Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/SIDA en Xenebra. Ademais, foi ministra de Sanidade de Senegal entre 2001 e 2003 e de 2012 a 2017. O 11 de setembro de 2017 converteuse en Ministra de Estado da Presidencia da República de Senegal.[1]

Educación[editar | editar a fonte]

Ao finalizar os seus estudos de medicina, realizou prácticas nos hospitais de Dakar en 1975 e obtivo o seu doutoramento en medicina en 1978. Entre 1979 e 1980, traballou un ano na unidade de coidados intensivos para enfermidades infecciosas do Hospital Lyon Croix-Rousse como asistente na á estranxeira. De regreso a Senegal, obtivo en 1982 o seu título de especialización en bacterioloxía-viroloxía e en 1984 en enfermidades infecciosas e tropicais na Universidade Cheikh Anta Diop de Dakar. De 1982 a 1988, seguiu varios cursos de formación en metodoloxía da investigación e pedagoxía en Dakar, Libreville e Bordeos. En 1984, á idade de 33 anos, converteuse na primeira médica asociada en Senegal e nunha das pioneiras na África francófona. En 1987, realizou na localidade francesa de Annecy o curso de epidemioloxía aplicada e bioestática coorganizado pola Fundación Mérieux e o CDC de Atlanta, o que lle permitiu mellorar as súas habilidades nesta área e ser membro da Asociación de Epidemiólogos de Campo.[2]

Carreira política[editar | editar a fonte]

En maio de 2001 o Presidente da República de Senegal propuxo a Coll-Seck para ocupar o cargo de Ministra de Saúde e Prevención. Grazas ao seu labor lográronse avances no sector da saúde, quedando acreditados varios logros en campos tan variados como reformas institucionais, reforma hospitalaria, programa ampliado de vacinación, loita contra a malaria, sida, enfermidades non transmisibles, saúde de persoas maiores, motivación dos empregados, xestión financeira, contratos e relación con socios.[3]

Macky Sall, quen a censurou pola súa falta de participación nas eleccións lexislativas senegalesas de 2017, non renovou o seu cargo como ministra de Saúde no segundo goberno de Dionne o 7 de setembro de 2017. Con todo, converteuse en Ministra de Estado do Presidente da República.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Awa Marie Coll Seck". World Economic Forum. Consultado o 2020-03-20. 
  2. Crossette, Barbara (2001-06-28). "New Determination Is Seen Emerging in AIDS Battle". The New York Times (The New York Times Company). Consultado o 2009-02-06. President Wade recently recruited a Senegalese health expert working with Unaids, Dr. Awa Marie Coll-Seck, and made her health minister 
  3. "Sénégal: pluie de critiques après l'annonce du nouveau gouvernement - RFI". RFI Afrique. Consultado o 2020-03-20. 
  4. Composition of the Guttmacher-Lancet Commission Announced Guttmacher Institute, nota de prensa do 7 de xaneiro de 2016.