Texto actual
Considerarase un artigo de calidade da Galipedia ao que reúna as seguintes características:
- Debe estar correctamente redactado, ser completo, entendible, preciso, neutral e estable.
- Correctamente redactado significa que a súa redacción ten que ser clara, con ton enciclopédico e sen erros gramaticais (ortográficos, sintácticos ou semánticos).
- Completo quere dicir que trate o tema de forma completa, sen omitir elementos esenciais nin detalles relevantes.
- Entendible quere dicir que o artigo poida ser comprendido por persoas que non dominan o tema tratado. Os artigos non deben ser tratados como se os fosen ler especialistas, senón que deben enfocarse cara á xente que queira aprender léndoos.
- Preciso e concreto quere dicir que os temas que trate han de ser avalados con probas e citas específicas e externas que indiquen, de ser posible, a pasaxe ou a fonte da cal se obtivo. O artigo debe posuír referencias bibliográficas ou outras (ligazóns a páxinas da internet) que lle permitan ó lector confirmar as informacións.
- Neutral quere dicir que o artigo siga o punto de vista neutral e non ofreza dúbidas sobre a exactitude da información.
- Estable quere dicir que o artigo non mude constantemente de edición como resultado de desputas e guerras de edicións.
- O artigo debe estar en concordancia cos patróns definidos polo libro de estilo.
- Débese evitar empregar formas dialectais.
- O artigo debe posuír unha pequena introdución que resuma o contido que se vai desenvolver.
- Ter unha clara división en seccións e subseccións, de xeito consecuente.
- Unha táboa de contidos (sumario) significativa, mais non excesiva.
- O artigo debe posuír imaxes relacionadas co asunto, de xeito que completen o artigo sen estragar a estética e sen dificultar a súa lectura (como engadir imaxes), seguindo a política de uso de imaxes.
|
|
Novo texto proposto
Os artigos de calidade exemplifican os mellores traballos da Galipedia, distinguíndose por ter un contido, escrita, presentación e uso de referencias e fontes fiables, o que os convirte en artigos dun gran nivel e valor enciclopédico.
Como requisito inicial, ao igual que tódolos artigos teñen que cumprir os requerimentos das políticas e normas relacionadas coa verificabilidade, neutralidade e estilo, e non presentar ningún marcador de mantemento nin estar incluídos nalgunha das categorías de mantemento debido a algún problema ou tarefa pendente presente no artigo.
A maiores disto, os candidatos a artigos de calidade deben posuír as seguintes características:
- Debe estar correctamente redactado, ser completo, entendible, preciso, neutral e estable.
- Correctamente redactado: A redacción ten que ser clara e correcta, seguindo un ton enciclopédico e sen erros gramaticais (ortográficos, sintácticos ou semánticos).
- Completo: Debe tratar o tema de forma completa e situalo no contexto axeitado, sen omitir elementos esenciais nin detalles relevantes, acadando unha extensión axeitada para o tema tratado sen diluílo en detalles innecesarios ou non relevantes.
- Entendible: Debe facilitar a súa comprensión por parte daqueles que non dominen o tema tratado, evitando centrarse nun público especialista e enfocándose cara o público xeral.
- Preciso: Debe tratar o tema de forma precisa e indicar a fonte da información contida nel. As afirmacións do artigo teñen que estar verificadas polas correspondentes fontes fiables axeitadas en cada caso, en forma de citas ao pé, para non ofrecer dúbidas sobre a exactitude da información.
- Neutral: Debe seguir o punto de vista neutral, presentando tódolos puntos de vista existentes sobre o tema, tanto favorables como críticos.
- Estable: Debe atoparse nun estado estable, sen cambios significativos frecuentes agás aqueles que se fan en forma de resposta ao propio proceso de escolla, e sen mudar constantemente como resultado de desputas e guerras de edicións.
- O artigo debe estar en concordancia cos patróns definidos polo libro de estilo.
- Debe evitar empregar formas dialectais e cumprir o estilo ortotipográfico acordado.
- Debe posuír unha introdución en forma de resumo do contido que se vai desenvolver no artigo, proporcional ao tamaño do mesmo.
- Ter unha estrutura clara, facendo uso substancial mais non excesivo das divisións en seccións e subseccións.
- Ser consistente no uso de referencias e citas ao pé seguindo un mesmo padrón para todas elas, ben en formato detallado ou ben en formato curto tipo Harvard cando sexa axeitado, reutilizando as mesmas cando sexa posible para evitar duplicidade. Recoméndase o uso de modelos de citas, aínda que non é obrigatorio.
- Na medida do posible, o artigo debe posuír imaxes relacionadas co tema e con descricións ao pé da imaxe axeitadas en cada caso, de xeito que completen o artigo sen estragar a estética xeral e sen dificultar a súa lectura, seguindo sempre a política de uso de imaxes.
|