Usuario:Alba forno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
                      GILLES DELEUZE: fenomenólogo posmoderno

Deleuze é un filósofo francés do inscrito no movemento estructuralista inda que o seu pensamento foi inclasificabel. Foi un dos máis extraordinarios oradores dos seus tempos, e sen dúbida, dos máis grandes dos que tiñan como profesión ensinar a filosofía.

No tocante á súa vida, Deleuze naceu en Francia en 1925, e aínda que non se sabe moito sobre a súa vida, podemos dicir que estudou filosofía en Saborna, exercendo despois como mestre en París e Lyon. Tamén foi médico, tratando a menciña como arte. Nos seus últimos anos de vida, Deleuze estivo afectado por unha grave insuficiencia respiratoria que o levou ó suicidio tirándose pola ventá do seu apartamento en París, o 4 de novembro de 1995. Esta morte xunto coa de Foucault, víctima do SIDA, e a de outros filósofos pechan o destino da chamada Escola de París dos anos 60-80.

Deleuze consagrou a súa vida a redacción da súa obra.

OBRA: Deleuze escribe máis que ningún autor tendo en conta a densidade das súas obras. A súa obra destaca polo uso dun vocabulario metafórico privilexiado, e o seu pensamento medra á sombra de Nietzsche. Nos seus comezos, escribe monografías nas que tan só fai comentarios ó marxe dos grandes filósofos como “Nietzsche y la filosofía”. Pero logo os seus libros se van facendo cada vez máis persoais. Este xiro de pasar a comentar a grandes autores a facelo de si mesmo, comeza con “Diferencia y repetición”(1968), e faise moito máis radical con “lóxica do sentido”(1969). Tres anos despois, en 1972, escribe “El Anti-Edipo” coa colaboración de Félix Guattari, cousa que escandaliza ós intelectuais e filósofos franceses de crenzas freudo-lacanianas e marxistas. Este último é o primeiro volume da serie que se titularía “Capitalismo e esquizofrenia”; serie que remata con “Mil mesetas” datado de 1980.

“A LÓXICA DO SENTIDO”:

A filosofía da lóxica clásica somete o discurso á lei da referencia que se supón única e universal, alega que a referencia é a misma para todos os suxeitos que son idénticos dende o punto de vista da razón e universaliade.

Os filósofos comprobaron que esta eliminación do sentido e o suxeito en beneficio da referencia e do obxecto non deixaba de provocar dificultades. Así filósofos como Gottlob Frege distingue a referencia e o sentido, tomando o sentido como un aspecto da referencia. Deleuze, citando estos términos fai referencia a eclosión da natureza paradóxica do sentido, que o discurso ordinario só encontra ocasionalmente. Deleuze pensa que todo intento de captar o sentido (sometelo á identidade) xenera paradoxas nas que o sentido se manifesta ocultándose á identificación.

Deleuze presenta o seu libro como “un ensaio de novela lóxica e psicoanalítica”, que trata do sentido. Pero o sentido segundo Deleuze, só existe ó fio do discurso. Ademáis é un libro autorrefererncial: o sentido que quere decir non ten outra existencia que a escritura do libro mesmo. Pero este libro e este sentido son expresivos dunha experiencia característica da postmodernidade, experiencia que Deluze non deixa de perseguir, a do nihilismo afirmativo. Nas últimas seccións da Lóxica do sentido, o psicoanálisis resulta cada vez máis central. Non sorprende que a “alóxica” estea ligada ó inconsciente freudiano ou lacaniano.


“O ANTIEDIPO”

A experiencia do esquizofrénico é a de Antonín Artaud, a referencia para deleuzena crítica do psicoanálisis freudo-lacaniano.

Según Deleuze, o gran descubrimento de Freud foi o inconciente como productividade dsexante e ilimitada para todo o posible. Pero retrocedeu ante ese mundo de desexo explosivo que non coñece orde ningún. Na teoría psicoanalítica, Edipo ocupa o centro da descripción do inconsciente. Pero a edipización implica un empobrecemento radical do desexo, concebido asi como algo negativo. É a carencia de algo fixado pola natureza ou pola sociedade. Sendo o desexo nos seus orixes positivo , e productivo. O desexo está presente como algo con un sentido único, nunca significa outra cousa que o desexo sexual, aínda cando se expresa de outros modos.

A edipización constitúe unha verdadeira castración do desexo. e o individuo edipizado está sempre neurótico, ás veces paranoico, posto que a sobrecarga a estructura edipiana e identifícase menos co bo pai de familia. O esquizofrénico é o individuo que resiste a edipización ordinaria e todo psicoanálisis edipizante. Na realidade está está ó servizo da represión social, é o seu producto e o seu colaborador, para Deleuze a represión social é primordial. Toda sociedade canaliza os fluxos desexantes, e impón códigos. Sen embargo a sociedade capitalista é caracterizada pola descodificación sen límites e o mesmo tempo unha recodificación. Se a sociedade capitalista non estivese acompañada dunha constante recodificación do desexo, a descodificación capitalista universal conduciría ó caos negador de toda sociedade.

Deleuze pensa que o noso corpo sen órganos é unha combinación de desexo e enerxía sen límite. As máquinas desexantes convertennos en organismo, pero o corpo sofre por verse organizado desta maneira, por nono ter outra organización, ou ningunha. O corpo sen órganos é a matraiz enerxética amorfa de todas as organizacións e de todos os procesos posibles e imposibles.

A fenomenoloxía postmoderna de Deleuze consiste na descrición de metáforas reais , que na multiplicidade, manteñen unidos ós aseres vivos, e os símbolos.

No tocante a cuestión das tecnociencias, Deleuze recoñece diferencias irreductibles entre ciencias, filosofías, literaturas, así como entre as múltiples posibilidades de ramificar unhas e outras. O seu estilo connota a técnica en contraste con un vocabulario idealista do suxeito, conciencia e intencionalidade. E toma os seus exemplos do mundo dos obxectos e dos procesos técnicos. se Deleuze tivese máis en conta os desexos e as posibilidades sen límites que atravesan as dinámicas tecnocientíficas que desterritorializan operativamente a natureza humana, encontraría sen dúbida as cuestións éticas que esas dinámicas suscitan en en comparacións coas cales os xogos simbólicos do esquizo parecen benignos e infantís.