Usuaria:Moniquiña/Llum Quiñonero
Biografía |
---|
María Luz Quiñonero Hernández, coñecida como Llum Quiñonero, nada en Alacante o 7 de novembro de 1954,[1] é unha xornalista, activista e política española.
, elixida representante nas Cortes valencianas por Podemos desde maio de 2015 ata maio de 2019. Presidiu a Comisión de Igualdade e políticas LGTBI.
Biografía
[editar | editar a fonte]Desde moza participou no movemento estudantil. En 1973 foi detida e procesada por asociación ilícita polo Tribunal de Orde Pública (TOP) e expulsada da Facultade de Filosofía e Letras, no CEU, Alacante.
En 1974 ingresou no Movemento Comunista do País Valenciano (MCPV), do que foi dirixente e encabezou a creación de plataformas feministas como o primeiro grupo feminista alacantino Grupo de Mulleres de Alacante, coordinado con outras organizacións feministas da provincia de Alacante en Elxe, Elda e Petrel, e máis tarde en Alcoy e a comarca da Mariña.
Licenciouse en Historia pola Universidade de Alacante, e traballou como xornalista nas revistas Cambio 16, Viajes National Geographic Marie Claire, Revista Sobremesa, en colaboración con Rafael Chirbes e colaboradora do xornal El Mundo, entre outros medios.
O 6 de outubro de 1977, mentres pegaba carteis para conmemorar o primeiro Día da Comunidade Valenciana foi asasinado Miquel Grau que formaba parte do seu grupo na praza dos Luceros da capital alacantina. Llum encabezou a acusación particular no xuízo contra o responsable da súa morte, un militante de extrema dereita, de Forza Nova, Miguel Ángel Panadeiro Sandoval, que foi procesado, declarado culpable e absolto da metade da súa pena, polo goberno de UCD, en maio de 1979.
Foi candidata pola provincia de Alacante co MCPV en tres ocasiones: a primeira, nas eleccións municipais; nas eleccións de 1979 presentouse na lista MC-OIC; e nas de 1982 e de novo en 2015, cabeza de lista e electa por Alacante.
En 1980 foi encarcerada e condenada baixo a acusación de agresión á autoridade cando a policía retirou un posto con propaganda e bandeiras republicanas, o 14 de abril dese ano. Un policía acusouna de atentado á autoridade ao recibir unha dentada nun dedo da man dereita, causándolle unha lesión leve que, segundo o parte médico da Casa de Socorro, non causou baixa médica. Foi condenada a prisión, pena que cumpriu en liberdade condicional. O 20 de agosto de 1982 a revista Actual fixo públic a listaxe preparada polos golpistas do 23 de febreiro de 1981 de persoas que estaban dispostos a fusilar. Entre eses nomes, por Alacante, estaba o de Llum Quiñonero.
Despois foi detida por encerrarse no consulado chileno en protesta contra a ditadura de Augusto Pinochet.
Viviu en Madrid desde 1982 e traballou como xornalista: editora e reporteira de diferentes medios no Grupo 16, no diario El Mundo e na revista Sobremesa, entre outras. Colaborou tamén coa redacción do diario Liberación, fundado en Madrid en 1984 e en diferentes publicacións e guías de viaxe.
Participou no movemento anti-OTAN e no Movemento Feminista en Madrid, membro da Comisión polo dereito ao aborto con outras destacadas feministas como Amparo Pineda e Justa Montero, formou parte da organización da Coordinadora Feminista da Estado español.
Formou parte da organización de diferentes xornadas nacionais e de importantes mobilizacións do movemento feminista. Con Justa Montero participou no debate sobre o dereito ao aborto no programa Si yo fuera presidente, dirixido por Tola, en 1985.
Viviu en Barcelona entre 1995 e 2004. Comezou a investigar a memoria das mulleres republicanas, socialistas, anarquistas e comunistas. Púxose en contacto coas superviventes de Mujeres Libres, con mulleres comunistas como Rosa Cremón, Trinidad Gallego, Enriqueta Gallinat, de Esquerra Republicana de Catalunya, Concha Liaño, anarquista, fundadora de Mujeres Libres e outras militantes do Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM). Foi guionista do documental Mujeres del 36. [2]
Con elas, con Llum Ventura e co apoio do Concello de Barcelona, púxose en marcha o proxecto Dones del 36, que durante máis dunha década percorreu institutos e bibliotecas catalás coa presenza dalgúns das protagonistas.
Co relato Las sombras del horizonte recibiu en 2006 o Primeiro Premio do Certame Literario organizado pola Generalitat de Valencia, Las Mujeres Cuentan .
Participou en congresos, debates e conferencias sobre memoria e xénero, é autora de reportaxes para diferentes medios e escribiu libros e guións de documentais, como Mulleres do 36 , para TVE, La Noche Temática, Colombia, la guerra que no existe.
Desde 2016 preside a asociación Acción Cidadá contra a impunidade do franquismo, PV, integrada en CEAQUA, (Coordinadora Estatal de Apoio á Denuncia Arxentina contra os crimes do franquismo) e é fundadora da asociación alacantina Salvem el nostre patrimonio .
Volveu á política institucional nas Eleccións ás Cortes Valencianas de 2015, como cabeza de lista por Alacante de Podemos.[3] Foi relatora na Comisión de educación e cultura por Podemos e presidenta da Comisión de Igualdade, impulsora de Lles Corts, de lles Dons, unha homenaxe anual da cámara lexislativa valenciana ás mulleres valencianas, realizado no hemiciclo. O primeiro tivo lugar o 4 de marzo de 2016.
En 2019 foi cabeza de lista ao Senado, por Alacante, coa candidatura de Mes Compromís .
Desde 2016 é presidenta de Acció Ciutadana contra a impunidade do franquismo | Plataforma de apoio á Denuncia Arxentina – País Valencià, membro da Coordinadora Estatal de apoio á Denuncia Arxentina contra os crimes do franquismo (ceaqua.org).
E socia fundadora da asociación Salvem el Nostre Patrimoni, 2020, Alacante, da que é presidenta.
Obras
[editar | editar a fonte]- Nosotras, que perdimos la paz. Editorial Akal, colección Foca. (2005)
- La soldado Quiñoà (2004)
- Las luces del mar (2003)
- Miquel Grau 53/1977. Pruna, Llibres, (2019)
Coautora:
- 2006, Valencia. La sombra del horizonte, relato premiado y publicado en Las Mujeres cuentan. I Certamen Literario Generalitat Valenciana.
- Derecho a la Justicia Querellas contra la impunidad, 2020 y Quaders de Memòria i Justicia, 2021, patrocinado por GV.
- Memorias Democráticas, 2021, Ed. Sylone/Viento Sur.
Documentais
- 2010, Colombia, la guerra que no existe.
- 1998, Mujeres del 36, TV2. La Noche temática.
Ponencias y artículos sobre memoria, Bebes Robados [1] [2] II Seminario Internacional de Derechos Humanos, Universidad Autónoma Colombia
Artículos e investigación en torno a Las Cigarreras alicantinas El humo que envuelve a las cigarreras - Llum Quiñonero (llumquinonero.es)[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha Corts Valencianes". Arquivado dende o orixinal o 18 de junio de 2015. Consultado o 18 de junio de 2015.
- ↑ "Mujeres del 36 – Arxiu en línia de la Mostra Internacional de Films de Dones". Consultado o 2022-01-04.
- ↑ "Montiel abre la mano a pactar con el PSOE si es con su programa". El Mundo. Consultado o 17 de marzo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moniquiña/Llum Quiñonero |