Upaon-Açu
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | São Luís do Maranhão, Brasil | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Características | ||||
Superficie | 1.410 km² | |||
Upaon-Açu é unha illa brasileira no estado do Maranhão, cunha superficie de 1.410´015 km².[1] Forma parte do Arquipélago do Golfo Maranhense e é nela que se atopa a capital do Estado, San Luís de Maranhão.
O nome Upaon-Açu déronllo os tupinambas e significa "illa grande". Tamén foi chamada illa de São Luís. A denominación indíxena foi restabelecida pola constitución do Estado do Maranhão: Art. 8º - A cidade de São Luís, na illa de Upaon-Açu, é a capital do Estado.[2]
São Luís, xunto con Florianópolis e Vitória, son as capitais brasileiras que se encontran en illas, sendo São Luís a única con superficie totalmente comprendida nunha illa.
Alén de São Luís, localízanse na illa os municipios de Raposa, São José de Ribamar e Paço do Lumiar, que forman a Rexión Metropolitana de São Luís. Tamén na illa se localiza o Porto de Itaqui e o da Punta da Madeira, por onde son transportados principalmente ferro, cobre e bauxita extraídos de Carajás.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IBGE, Área Territorial Oficial[Ligazón morta], Resolução nº 5 de 10 de outubro de 2002. Acessado em 26 de febreiro de 2008.
- ↑ "Constituição do Maranhão". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2010. Consultado o 05 de setembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Upaon-Açu |