Universidade do Oriente Próximo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade do Oriente Próximo
Facultade de Medicina da YDÜ.
Datos xerais
LocalizaciónRepública Turca do Norte de Chipre Lefkoşa, República Turca do Norte de Chipre
Fundación1988
Datos actuais
ReitorÜmit Hassan
Alumnos25 068
Datos de contacto
Páxina web[1], [2]
Facebook: YakinDoguUniversitesiOfficial Twitter: YakinDoguUni Instagram: yakindoguuniversitesiofficial Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade do Oriente Próximo (en turco: Yakın Doğu Üniversitesi, tamén coñecida por YDÜ) é unha universidade privada, onde máis de 25 000 estudandes da República Turca do Norte de Chipre e de 55 países estranxeiros levan a cabo estudos de grao e posgraduado. Fundouse en Lefkoşa no ano 1988. A linguaxe de instrución na zona leste da universidade é o inglés na maioría de departamentos. A Universidade do Oriente Próximo conta na actualidade con 16 facultades con 90 departamentos e escolas que ofertan cursos a nivel de pregraduado e posgraduado. A universidade oferta programas de posgraduado baixo á dirección e coordinación da Escola de Graduados de Ciencias Sociais e Aplicadas. A Escola Preparatioria en Inglés está dispoñíbel para aqueles que precisan mellorar o seu inglés antes de comezar a estudar nos programas especializados das facultades.

Facultades[editar | editar a fonte]

Facultade de Enxeñaría.
Facultade de Dereito.

A universidade conta coas seguintes facultades:[1]

  • Facultade de Educación Atatürk.
  • Facultade de Arquitectura.
  • Facultade de Artes e Ciencias.
  • Facultade de Comunicación.
  • Facultade de Odontoloxía.
  • Facultade de Divindade.
  • Facultade de Economía e Ciencias Administrativas.
  • Facultade de Enxeñaría.
  • Facultade de Belas Artes e Deseño.
  • Facultade de Ciencias da Saúde.
  • Facultade de Dereito.
  • Facultade de Estudos Marítimos.
  • Facultade de Medicina.
  • Facultade de Arte Dramática.
  • Facultade de Farmacia.
  • Facultade de Veterinaria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Academics". Near East University. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2015. Consultado o 1 de xaneiro de 2015.