Universidade do Oriente Próximo
| Universidade do Oriente Próximo | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||
|
Epónimo
| |||||||||
|
Lingua usada
| |||||||||
|
Composto por
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Número estudiantes
| |||||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||||
|
Fundación
| |||||||||
| Localización | |||||||||
| |||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||
|
Páxina WEB
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |
A Universidade do Oriente Próximo (en turco: Yakın Doğu Üniversitesi, tamén coñecida por YDÜ) é unha universidade privada, onde máis de 25 000 estudandes da República Turca do Norte de Chipre e de 55 países estranxeiros levan a cabo estudos de grao e posgraduado. Fundouse en Lefkoşa no ano 1988. A linguaxe de instrución na zona leste da universidade é o inglés na maioría de departamentos. A Universidade do Oriente Próximo conta na actualidade con 16 facultades con 90 departamentos e escolas que ofertan cursos a nivel de pregraduado e posgraduado. A universidade oferta programas de posgraduado baixo á dirección e coordinación da Escola de Graduados de Ciencias Sociais e Aplicadas. A Escola Preparatioria en Inglés está dispoñíbel para aqueles que precisan mellorar o seu inglés antes de comezar a estudar nos programas especializados das facultades.
Facultades
[editar | editar a fonte]
A universidade conta coas seguintes facultades:[1]
- Facultade de Educación Atatürk.
- Facultade de Arquitectura.
- Facultade de Artes e Ciencias.
- Facultade de Comunicación.
- Facultade de Odontoloxía.
- Facultade de Divindade.
- Facultade de Economía e Ciencias Administrativas.
- Facultade de Enxeñaría.
- Facultade de Belas Artes e Deseño.
- Facultade de Ciencias da Saúde.
- Facultade de Dereito.
- Facultade de Estudos Marítimos.
- Facultade de Medicina.
- Facultade de Arte Dramática.
- Facultade de Farmacia.
- Facultade de Veterinaria.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Academics". Near East University. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2015. Consultado o 1 de xaneiro de 2015.
