Universidade de Ciencias Aplicadas de Oulu
Universidade de Ciencias Aplicadas de Oulu | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | universidade de ciencias aplicadas ![]() | |||
Forma xurídica | osakeyhtiö ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Data | ||||
Fundación | 1991 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Finlandia | |||
Axencia Rexional | Axencia de administración rexional do norte de Finlandia | |||
Rexión | Ostrobotnia do Norte | |||
Cidade | Oulu ![]() | |||
País | Finlandia ![]() | |||
Sede | Oulu ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | oamk.fi ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A Universidade de Ciencias Aplicadas de Oulu (Oulun ammattikorkeakoulu, coñecido como OUAS polas siglas en inglés) é unha organización educativa pública de Finlandia, con sede en Oulu.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Distribúe os seus catro campus no norte de Finlandia. Tres na cidade de Oulu, capital do municipio do mesmo nome, e un cuarto na cidade de Oulainen, a 100 km de distancia. A OUAS ocupa 650 docentes que imparten formación a 9.000 alumnos.[2]
Actividade
[editar | editar a fonte]A oferta formativa abrangue 35 programas de grao e mestrado nas disciplinas de ciencias sociais, cultura e recursos naturais renovables, enxeñería, información comercial e saúde.
Con énfase en I+D+I, fai especial fincapé nos estudos de Enerxía, recursos naturais e Medio Ambiente, así como de Saúde e benestar no futuro. Todas as disciplinas oriéntanse á mellora do modelo construtivo condicionado ao chan e clima autóctono, con propostas enerxéticas intelixentes, economía de recursos naturais, sostibilidade e baixa produción de carbono.
Actualidade
[editar | editar a fonte]Alén o persoal docente fixo, á OUAS adhírense directores, coordinadores, planificadores e xestores financeiros para o desenvolvemento de proxectos, tanto a nivel local como rexional, nacional e transfronterizos.
Tras disolver a súa sociedade con NPP-Sustainable Living Assistant (SuLA) e OCTES e PELLETime, grazas ao financiamento de NPA desenvolve o seu proxecto estrela, o e-Lighthouse, sendo así mesmo asociada no proxecto NPA Smart-Fish, buscando potenciar o desenvolvemento socioeconómico local do norte de Finlandia.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Oulu University of Applied Sciences - EUROPEAN SOCIAL FUND - European Commission". EUROPEAN SOCIAL FUND (en inglés). Consultado o 2019-05-15.
- ↑ "Oulu University of Applied Sciences – Presentation". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2018. Consultado o 2019-05-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web da OUAS Arquivado 08 de febreiro de 2005 en Wayback Machine. (en inglés)