Universidade Wesleyana
- Para a universidade homónima de Ohio, véxase Universidade Wesleyana de Ohio
Universidade Wesleyana
Wesleyan UniversityDatos xerais Fundación 1831 Datos actuais Alumnos 2700 Datos de contacto [ editar datos en Wikidata ]
A Universidade Wesleyana (Wesleyan University) está localizada en Middletown no estado de Connecticut, Estados Unidos. Foi fundada en 1831 polos metodistas. Comezou con 48 estudantes, o reitor, tres profesores e un titor.
O seu nome homenaxea a John Wesley, fundador do metodismo, aínda que os vínculos con esta corrente relixiosa fóronse diluíndo dende as súas orixes e xa en 1937, a Universidade deixa de ter vinculación algunha con este movemento. A Universidade ten hoxe arredor de 2.700 estudantes en programas de grao e uns 300 profesores. Entre os seus estudantes están o filósofo e escritor xaponés Kohei Saito e o músico e cineasta Lin-Manuel Miranda.[1]
É unha entidade privada e independente con alumnado mixto.
Notas[editar | editar a fonte]

A biblioteca Olin no campus da Universidade Wesleyana.
- ↑ "Featured Alumni - Wesleyan University". www.wesleyan.edu. Consultado o 2022-09-13.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina principal da Universidade
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade Wesleyana