Saltar ao contido

Unión Demócrata Foral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión Demócrata Foral
Coalición forrmada por:
Partido Demócrata Popular (PDP)
Partido Liberal (PL)
Partido Demócrata Foral (PDF)
Dirixentes e organización
LíderJaime Ignacio del Burgo
Historia
Fundación1987
Disolución1991 1
Posicións políticas
IdeoloxíaCentro dereita, rexionalismo navarro, democracia cristiá, liberalismo
1 Integración dos partidos membros da coalición no Partido Popular.

Unión Demócrata Foral (UDF) foi o nome dunha coalición electoral española de ámbito navarro que concorreu ás eleccións municipais e autonómicas de 1987. Formábana o Partido Demócrata Popular, o Partido Liberal, que abandonaran pouco antes Coalición Popular, e un pequeno partido democristián de ámbito navarro, o Partido Demócrata Foral. A súa cabeza de lista para as eleccións ao Parlamento de Navarra foi Jaime Ignacio del Burgo, do Partido Demócrata Popular.[1]

UDF obtivo 3 deputados nas eleccións ao Parlamento de Navarra, grazas aos 17.663 votos conseguidos (6,32%), e formou un grupo parlamentario propio.[2] En 1989, tras a refundación do Partido Popular, na que se integraron os partidos que compuñan UDF, os dous parlamentarios de Alianza Popular integráronse no grupo parlamentario de UDF, creando o Grupo Parlamentario Popular composto por 5 membros.[2]

UDF tamén conseguiu un concelleiro no concello de Pamplona.[3]

  1. Resultados das eleccións autonómicas en Navarra, na páxina de eleccións españolas de Carles Tek]
  2. 2,0 2,1 Crónica sumaria da segunda lexislatura do Parlamento de Navarra (1987-1991), por Martín Mª Razquin Lizárraga, letrado maior do Parlamento de Navarra
  3. Goberno de Navarra (ed.). "Instituto Navarro de Estadística" (en español). Consultado o 23 de xuño de 2009.