Unha muller bate nun neonazi co bolso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha muller bate nun neonazi co bolso (en sueco: Kvinnan med handväskan, ou Tanten med väskan, lit. «A muller do bolso») é unha fotografía realizada por Hans Runesson na cidade sueca de Växjö o 13 de abril de 1985. Mostra unha muller de 38 anos batendo nun neonazi cun bolso durante unha manifestación de partidarias e partidarios da forza de ultradereita Partido do Reich Nórdico. Foi publicada o día seguinte no Dagens Nyheter e ao día seguinte nalgúns xornais británicos.

A fotografía de Runesson foi considerada a Fotografía Sueca do Ano (Årets bild) en 1985 e posteriormente a Fotografía do Século pola revista Vin e a Sociedade Fotográfica Histórica de Suecia.[1]

Os protagonistas[editar | editar a fonte]

A muller da fotografía é Danuta Danielsson (1947–1988), de orixe polaca.[2] A súa nai fora internada nun campo de concentración alemán durante a segunda guerra mundial.[1] O clamor que causou a fotografía, amais da ansiedade e da depresión que padecía Danielsson, provocaron que se illase na casa e que, finalmente, acabase por suicidarse en 1988.

O neonazi golpeado é Seppo Seluska, militante do Partido do Reich Nórdico. Ese mesmo ano foi condenado por torturar e asasinar a un xudeu homosexual.

Homenaxes[editar | editar a fonte]

Estatua in Alingsås.

En 2014, a escultora sueca Susanna Arwin construíu unha estatua en miniatura de Danuta Danielsson baseada nesa fotografía.[3] Xurdiu a proposta de erixir unha versión a tamaño real desa estatua na propia cidade de Växjö, mais o proxecto foi bloqueado polo grupo municipal do Partido do Centro, que consideraba que un monumento desas características podería promover a violencia.[4][5]

Con todo, en abril de 2019 inaugurouse finalmente a estatua dedicada á señora Danielsson tralas manifestacións populares a favor da mesma.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Berättelsen om det förra århundradets bästa foto" (en sueco). Dagens Nyheter. 15 de febreiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2015. Consultado o 18 de xaneiro de 2015. 
  2. Haggren, Kerstin (8 de maio de 2016). "Sonen: "Jag önskar att bilden aldrig funnits"" (en sueco). Consultado o 1 de febreiro de 2020. 
  3. ""Tanten med väskan" blir staty i brons" (en sueco). Dagens Nyheter. 1 de abril de 2014. Consultado o 18 de xaneiro de 2015. 
  4. "Snart blir "Tanten med väskan" staty" (en sueco). SVT Nyheter. 18 de novembro de 2014. Consultado o 18 de xaneiro de 2015. 
  5. "Tantstaty stoppas i Växjö" (en sueco). Sveriges radio, Studio Ett. Consultado o 18 de febreiro de 2015. 
  6. "Una mujer le arreó un bolsa o en la cabeza a un neonazi. 34 años después, por fin tiene su estatua" (en castelán). Diario Público. 20 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2019. Consultado o 20 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]