Un medio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un medio foi un grupo poético constituído en Cee en 1986 no seo da Asociación Cultural Domingo Antonio de Andrade e do grupo de teatro Talía e que estivo activo até 1990, ano da súa disolución. Nos catro anos de vida do grupo publicaron dous volumes colectivos e celebraron distintos recitais poéticos na comarca. Entre os seus membros destacan: Miro Villar, Rafa Villar, Xosé María Costa, Estevo Creus, David Creus e Artur Trillo.