Un mapa do lar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un mapa do lar
Título orixinalA Map of Home
Autor/aRanda Jarrar
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
EditorialFlag of the United States.svg Nuova Antologia
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub.Flag of the United States.svg 2008
Galicia 2015
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas288
ISBNISBN 978-84-943230-8-9
TraduciónMoncho Iglesias
editar datos en Wikidata ]

Un mapa do lar[1] (en inglés: A Map of Home) é unha novela escrita por Randa Jarrar publicada no ano 2008. O libro conta a historia dunha rapaza chamada Nidali, a versión feminina de Nidal, que quere dicir "loita".[2] A Map of Home é un conto de maduración, que conta a historia de Nidali en Kuwait, Exipto e nos Estados Unidos.[2]

Ambientado durante a invasión de Kuwait de 1990 e co conflito árabe-israelí como pano de fondo, a novela explora os problemas de Nidali e da súa familia, aludindo á pregunta de que quere dicir "lar" e á identidade da personaxe.

Foi traducido ó galego por Moncho Iglesias[3] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2015.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Un mapa do lar. Traducido por Moncho Iglesias (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2015. ISBN 978-84-943230-8-9 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. 2,0 2,1 Jadallah, Dina (2010). "A Map of Home". Arab Studies Quarterly. Consultado o 27 de xullo de 2015. 
  3. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 34. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.