Saltar ao contido

Un home que xaceu aquí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un home que xaceu aquí
Autor/aAníbal Malvar
CubertaFausto C. Isorna
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónMedusa
Xénero(s)novela negra
EditorialSotelo Blanco
Data de pub.xullo 1993
Formatorústica con lapelas
Páxinas208
ISBNISBN 84-7824-166-3
editar datos en Wikidata ]

Un home que xaceu aquí é unha novela negra escrita por Aníbal Malvar, publicada en 1993 por Sotelo Blanco. Ambientada en novembro de 1992, ten por protagonista a Xosé María Bernal, profesor na Universidade de Compostela.

Xosé María Bernal é un catedrático de literatura duns 35 anos. Divorciado, vive só nun ático en Santiago de Compostela. Consome con frecuencia whisky e cocaína, e bota en falta a vida en parella.

O seu ex-sogro é un escritor mediocre e pretencioso, pero que acadou fama coa súa última novela, Xacer aquí. Un día desaparece o manuscrito da novela, que estaba en poder da editorial. Ana, Unha compañeira da facultade moi interesada en demostrar que a novela non era orixinal, senón copiada dun autor case descoñecido, pídelle axuda para atopar o manuscrito. Coa axuda dun amigo xornalista e co apoio do seu veciño, tras viaxar ata A Guarda, Ourense, León e Lisboa, descobre que foi utilizado por Ana para atopar o autor orixinal da novela.

O libro está narrado en primeira persoa, pero non é unha novela negra ó uso, pois o protagonista non é un detective, senón que se ve inmerso na investigación. Non ten demasiada acción, agás unha pelexa ó final. Porén, o estilo narrativo ten moitos trazos propios dunha historia detectivesca de novela negra: un home solitario, alcóholico, amigo da ironía e o escepticismo.

Malia desenvolverse a acción principalmente en Compostela, non se dedica demasiado texto á ambientación na cidade, algo que si se fai coa visita a Lisboa e á Guarda.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]