Ultimate Alternative Wavers
Ultimate Alternative Wavers | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Built to Spill | ||||
Publicado | 1 de abril de 1993 | |||
Gravación | outono de 1992 | |||
Estudio(s) | Audio Lab en Boise, Idaho | |||
Duración | 58:26 | |||
Xénero(s) | indie rock | |||
Selo(s) | C/Z Records | |||
Produtor | Built to Spill e Todd Dunnigan | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Ultimate Alternative Wavers é o primeiro álbum da banda estadounidense de indie rock Built to Spill, publicado o 1 de abril de 1993[1] a través do selo C/Z Records. A banda na época estaba composta por Doug Martsch na guitarra e nas voces, Brett Netson na guitarra e no baixo e Ralf Youtz na batería, aínda que houbo algunhas variacións na instrumentación nuns poucos temas. O álbum foi gravado no estudio Audio Lab de Boise, Idaho no outono de 1992. O traballo quedou descatalogado, pero foi reeditado a finais do ano 2006. O tema "Nowhere Nothin' Fuckup" colle o seu título do personaxe Jason Taverner da obra de Philip K. Dick Flow My Tears, the Policeman Said. As letras desa canción tamén son en gran parte collidas do tema de The Velvet Underground "Oh! Sweet Nuthin'".
A canción "Shameful Dread" conta cun sample do personaxe de The Simpsons Nelson Muntz dicindo o seu famoso "Ha-ha!" Este efecto de son está sacado do episodio "Marge Gets a Job".
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "The First Song" | 4:02 |
2. | "Three Years Ago Today" | 3:56 |
3. | "Revolution" | 4:25 |
4. | "Shameful Dread" | 8:29 |
5. | "Nowhere Nothin' Fuckup" | 6:34 |
6. | "Get a Life" | 5:53 |
7. | "Built to Spill" | 5:52 |
8. | "Lie for a Lie" | 3:16 |
9. | "Hazy" | 6:42 |
10. | "Built Too Long Parts 1, 2 & 3" | 9:24 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ultimate Alternative Wavers". www.builttospill.com. Consultado o 2019-03-19.