Saltar ao contido

Ulfilas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaUlfilas

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(got) 𐍅𐌿𐌻𐍆𐌹𐌻𐌰 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento306 ↔ 311 Editar o valor en Wikidata
Morte383 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Bispo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo primitivo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmisioneiro, tradutor da Biblia, tradutor, sacerdote, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1613378


Ulfilas (en gótico Wulfila: pequeno lobo), nado cara ao 311 e finado cara ao 383, foi un bispo, misioneiro e tradutor da Biblia godo, que viviu no auxe da controversia ariana. Era de orixe grega, máis concretamente capadocia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os seus avós, capadocios helenizados, foron vítimas dos ataques godos en Asia Menor na fin do século III a.n.e. e Ulfilas naceu no seu reino, na beira do Mar Negro. Ademais de aprender a lingua dos seus donos desde a máis tenra infancia, falaba tamén o grego, que aprendeu a escribir ao estar destinado probablemente á carreira eclesiástica.

O seu talento valeulle ser embaixador en favor do seu pobo adoptivo ante o Imperio romano de Oriente. Alí entrou en contacto co bispo ariano Eusebio de Nicomedia, que o consagrou bispo o ano 341. Co fin de evanxelizar os godos, dedicouse a traducir a Biblia á lingua gótica, coa axuda dun alfabeto que inventou para tal fin. Convertido en apóstolo dese pobo bárbaro, dirixiuse a Constantinopla en moitas ocasións, especialmente a un concilio sobre o arianismo, en 360, e en 383 para defender o Arianismo contra o emperador Teodosio I.

O alfabeto gótico de Ulfilas (s. IV).

Morreu pouco despois.

O seu arianismo

[editar | editar a fonte]

Ignórase precisamente as circunstancias da conversión de Ulfilas ao arianismo: esta herexía era a relixión dominante baixo o emperador Constancio II. En calquera caso, Ulfilas mostrouse un ariano fiel ata a fin da súa vida e foi baixo a súa influencia cando os godos, e logo outros pobos xermánicos orientais adoptaron esta versión do cristianismo. A el débese, aínda que indirectamente, o rexurdimento do arianismo en Occidente nos séculos VII e VIII, por medio dos godos, dos vándalos e dos burgundios, e finalmente dos longobardos.

A Biblia de Ulfilas

[editar | editar a fonte]
Codex Argenteus, ode se conserva a súa tradución da Biblia.

A tradución da Biblia que el fixo consérvase ata hoxe e constitúe un dos documentos dos que dispomos para o coñecemento da lingua gótica.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]