Txurrumurru
Aparencia
| Tipo | montaña | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Guipúscoa, España e Navarra, España | |||
| ||||
| Cordilleira | Aiako Harria | |||
| Características | ||||
| Altitude | 821 m | |||
| Prominencia topográfica | 51 m | |||
Txurrumurru é unha montaña do macizo Aiako Harria, en Guipúscoa. Con 821 m é o segundo cumio máis alto de Aiako Harria. Os outros son Hirumugarrieta (806 m) e Erroilbide (837 m). Todos eles forman parte do parque natural Aiako Harria e debido á presenza de especies protexidas a escalada na zona está restrinxida[1].
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Txurrumurru porvén do manancial que abrolla na paraxe de Zulu Muru, o "buraco de Muru"[2].
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dun batólito granítico que culmina en tres puntas[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ gmf-fgm.org (ed.). "Escuelas de Escalada de Gipuzkoa - Reequipamiento 2014 - Peñas de Aia - Txurrumurru". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2016. Consultado o 20 de febreiro de 2016.
- 1 2 Mendikat (ed.). "Txurrumurru (821 m)". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2016. Consultado o 20 de febreiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Txurrumurru |
