Pobo twa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Twa»)
Baile tradicional dos Batwa.

Os twa ou batwa son un pobo pigmeo que vive na rexión africana dos Grandes Lagos, actualmente nos estados de Ruanda, Burundi e República Democrática do Congo. Representa aproximadamente unha poboación de 80.000 persoas.

Cando os hutus, un pobo bantú, chegou á rexión subxugaron ós twa. No século XV os tutsi, outro pobo bantú, chegaron e subxugaron a ámbolos dous pobos, twa e hutu. Os twa falan a mesma lingua que os hutu e os tutsi, o ruanda. Durante moitos anos os twa foron unha pequena minoría da rexión (aproximadamente o 1 % en Ruanda e Burundi) e xogan un papel político escaso. Hoxe son ignorados ás discusións sobre o conflito entre hutus e tutsis, que provocou o Xenocidio de Ruanda de 1994.