Troll é un grupo de black metal que inicia a súa andaina en 1992 en Noruega, cando Stian Arnesen "Nagash" (de tan só 14 anos de idade) comeza a escribir música xunto con Glaurung e Fafnir. Cando estes últimos abandonan o proxecto, Nagash segue adiante con Troll como un proxecto en solitario, e publica Trollstorm over Nidingjuv en 1995 e Drep de Kristne un ano despois. Este último álbum (Matar os cristiáns, en galego) ten letras marcadamente anti-cristiás.
Tras a publicación de Drep de Kristne, Nagash pasa máis tempo traballando con outras bandas como Dimmu Borgir e a súa outra banda Covenant que inicia con Blackheart. Troll está inactiva até 2000. Nese tempo Fafnir, agora baixo o nome de Sinister Minister Twice, volve a Troll. Outros membros son engadidos, facendo de Troll un grupo e xa non un proxecto en solitario. Con Nagash concentrado na guitarra e o sintetizador, Troll publica The Last Predators en 2000 e Universal ao ano seguinte.
En 2007 Nagash reúne uns membros para Troll e comezan a gravar un novo álbum en xaneiro de 2009.