Trité

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Trité do Reino de lidia emitido ca. 620-564 a. de C. Diámetro: 12,5 mm. Peso: 4,69 g.

O trité (en grego: τρίτος -tritos-, "un terzo") era unha moeda da Antiga Grecia, de ouro (ou electro) ou de prata, que tiña o valor da terceira parte dun estatero de ouro ou dun estatero de prata, e un peso de arredor de 4,5 gramos, que se empezou a utilizar no século VII a. de C.[1][2][3]

O seu peso foi variable en función do padrón monetario correspondente.

De xeito diferente ao tetarté, que se emitiu só en contadas ocasións, o trité foi moi amplamente posto en circulación, sinaladamente en Cícico, en Focea e en Mitilene.[4]

O trité como divisor do estatero[editar | editar a fonte]

Esta é a relación de valor entre o trité e o resto dos divisores do estatero:[5][6]

  • Hemiestatero: medio estatero.
  • Trité: un terzo.
  • Tetarté: un cuarto.
  • Hecté: un sexto.
  • Hemitetarté: un oitavo.
  • Hemihecté: un doceavo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alfaro Asins et al. (2009). "Ttité".
  2. Vico Belmonte, A. (2006). Páxina 209.
  3. Rubio Santos, E. (2011). Páxina 414 Arquivado 27 de xuño de 2018 en Wayback Machine..
  4. "Trité". En Frey (1917). Páxina 248.
  5. Alfaro Asins et al. (2009). "Estatero".
  6. Vico Belmonte, A.; De Francisco Olmos (2016). Páxina 213.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]