Tripper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tripper
Álbum de Hella
Publicado30 de agosto de 2011
Duración39:32
Xénero(s)math rock, noise rock, rock experimental, lo-fi
Selo(s)Sargent House
Producido porAndy Morin
Cronoloxía
There's No 666 in Outer Space
(2007)
Tripper Santa’s Little Hella
(2013)

Tripper é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de math rock Hella, publicado o 30 de agosto de 2011 a través do selo Sargent House.[1] Trátase do seu primeiro disco a través desta discográfica e do seu terceiro álbum instrumental. Tripper marca a redución da banda de volta aos seus membros principais Zach Hill e Spencer Seim, despois de ser cinco membros no seu lanzamento de 2007 There's No 666 in Outer Space.

Tripper é ata a data (novembro de 2019) o último álbum de Hella, e aínda que a banda non se separou oficialmente, pero ao estar Zach Hill centrado na banda de hip hop industrial Death Grips o hiato de Hella continúa ata o día de hoxe.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Hella

N.º Título Duración
1. "Headless"   4:35
2. "Self Checkout"   3:11
3. "Long Hair"   3:13
4. "Yubacore"   3:45
5. "Netgear"   5:36
6. "Kid Life Crisis"   4:16
7. "On the Record"   2:17
8. "Furthest"   3:43
9. "Psycho Bro"   4:08
10. "Osaka"   4:48
39:32

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hella - Tripper". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-11-30.