Trikala 2000 B.C.
| Trikala 2000 | |
| Información xeral | |
|---|---|
| Nome | Α.Σ. Τρίκαλα 2000 |
| Fundación | 1999 |
| Desaparición | 2010 |
| Cores | Azul, branco |
| Presidente | |
| Adestrador | |
| Localización | |
| Cidade | |
| Pavillón | Trikala Indoor Hall |
| Capacidade | 2.500 |
O Athlitikos Syllogos Trikala 2000 KAE ou simplemente AS Trikala 2000 BC (en grego Α.Σ. Τρίκαλα 2000), foi un equipo profesional de baloncesto grego da cidade de Trikala, Grecia. O Trikala chegou a competir na máxima categoría do baloncesto grego. Non se debe confundir o club co Trikala Aries, equipo da mesma cidade.
Historia
[editar | editar a fonte]A Asociación Atlética de Trikala 2000 foi fundada o 13 de setembro de 1999 da fusión dos dous equipos locais de Trikala, o Danaos e o Sporting. Dende a súa creación, o club ascendeu rapidamente nas ligas gregas. No 2002, tres anos despois da súa fundación, o Trikala acadou o ascenso á liga B do baloncesto grego. En 2006, acadou un novo ascenso á A2 Ethniki. Dous anos despois completaron o seu percorrido ascensor ao gañar a A2 Ethniki na tempada 2007-08 e ascender á máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki. O club superou o récord de vitórias nunha tempada (acadou 24), ao bater o récord anterior, en posesión do Makedonikos BC.
A súa primeira tempada na máxima competición grega tivo un relativo éxito, ao acadar a permanencia nun último partido de liga dramático o 22 de abril de 2009.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- A2 Ethniki: 1 (2008)