TriNa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Trina
CRISTAL 275 NARANJA.png
Botella de Trina laranxa.
TipoSociedade Anónima
Fundación1933 Valencia
MatrizSchweppes, S.A
IndustriaAlimentación
ProdutosTrina
Páxina webtrina.com
editar datos en Wikidata ]

TriNa é unha marca española de bebidas refrescantes. A compañía pertence desde 1990 a Cadbury-Schweppes, que cambiou o nome da empresa ao actual. O seu nome provén dunha abreviación da anterior denominación, Trinaranjus.

Esta bebida caracterízase e diferénciase doutros refrescos como Fanta en que TriNa non ten gas e contén un mínimo do 6% de zume.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro refresco de TriNa comercializouse en 1933. Creado en Valencia polo Doutor Trigo, consistía nun refresco de laranxa sen gas comercializado como Trinaranjus, e cuxa botella gardaba unha forma similar á laranxa. A compañía mantívose ao longo dos anos e comercializou outros sabores ao longo do tempo, consolidándose como unha das marcas máis importantes en refrescos sen gas de España.

En 1990 a compañía é adquirida pola multinacional Cadbury-Schweppes. Desde entón a compañía explotou outros mercados de bebidas como o té ou os zumes de froita.

Produtos[editar | editar a fonte]

Trina[editar | editar a fonte]

Refrescos sen gas:

  • Laranxa (anteriormente Trinaranjus)
  • Limón (anteriormente Trinalimón)
  • Mazá
  • Mandarina
  • Piña
  • Tropical

Trina Té (T!)[editar | editar a fonte]

  • Vermello con pexego
  • Verde con mazá
  • Negro con limón
  • Branco con melón

Vital Trina[editar | editar a fonte]

  • Piña
  • Multifroitas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]