Trezenzonio
Trezenzonio | |
---|---|
Ocupación | monxe |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Trezenzonio foi un monxe galego ao que a tradición atribúe a proeza de poder divisar e ata visitar unha das illas do Paraíso. As súas aventuras foron recollidas no Trezenzonii de Solistitionis Insula Magna, un códice medieval redactado en latín no século XI.
Historia[editar | editar a fonte]
Tras ser saqueada Galicia por unha das múltiples razzias coa que os musulmáns atribularon a rexión no século VIII, Trezenzonio dirixiuse á Torre de Hércules da Coruña. Alí dirixiu a súa mirada cara ao mar, onde con axuda dos primeiros raios do amencer puido divisar a chamada Grande Illa do Solsticio (Magna Insula Solistitionis), que estaba consagrada a Santa Tegra. Decidiu navegar cara a aquel lugar e tras desembarcar na illa arribou á cidade de Cesárea, onde destacaba unha gran basílica adornada con xoias e pedras preciosas. O clima naquela illa era delicioso, e había comida en abundancia. A dor, a fame, o medo e as desgrazas eran inexistentes. Permaneceu nela durante sete anos, e unha vez transcorrido este tempo un anxo aparecéuselle e encomendoulle navegar de regreso a Galicia.
Por resistir ás ordes divinas foi castigado coa lepra, e tivo que contemplar impotente como se podrecían durante o traxecto de regreso as probas que sobre a existencia da Grande Illa do Solsticio acumulara na nave. Trezenzonio, arrepentido, dirixiuse tralo seu desembarco á cidade de Tui, onde se atopou con Adelfio, bispo da cidade.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Trezenzonii de Solistitionis Insula Magna |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- M.C. Díaz y Díaz, Visiones del Más Allá en Galicia durante la Alta Edad Media, Santiago de Compostela, Artes Gráficas Galicia, 1985
- P. d'Azevedo, Viagem á ilha de "Solistitionis" (Ms. do século XIV), Boletim da Clase de Letras. 622-629, Academia das Ciencias de Lisboa 12 (1918)