Traxedia de Hillsborough
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Traxedia de Hillsborough | |
---|---|
![]() Monumento de pedra en lembranza das 96 vítimas da traxedia. | |
Tipo | desbandada e desastre ![]() |
Data | |
Data | 15 de abril de 1989 ![]() |
Características | |
Causado por | desbandada humana ![]() |
No implicados | |
No feridos | 766 ![]() |
No mortes | 97 ![]() |
Localización | |
Localización | Estadio Hillsborough ![]() |
Coordenadas | 53°24′41″N 1°30′06″O / 53.4115, -1.5016 |
País | Reino Unido ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A traxedia de Hillsborough tivo lugar o 15 de abril de 1989 no estadio de Hillsborough situado en Sheffield, no norte da Inglaterra no momento do partido de fútbol entre o Liverpool FC e o Nottingham Forest. 95 seguidores morreron o día mesmo como consecuencia dunha avalancha nun dos fondos, namentres que Tony Bland, que sobreviviu catro anos en coma, foi a 96ª vítima.
Historia
[editar | editar a fonte]A pescuda posterior concluíu que as causas non tiveron nada que ver con ningunha acción violenta por parte de afeccionados, senón que foran o exceso de espectadores e o mal estado do estadio, que non cumpría os requisitos de seguridade necesarios, os causantes do acontecemento.
A Traxedia produciuse catro anos despois da "Traxedia de Heysel", na que tamén estiveran implicados os afeccionados do Liverpool FC, e que lles custara aos equipos ingleses unha sanción da UEFA de cinco anos sen poder participar en competicións europeas.
Pese a que os feitos de Hillsborough non estaban directamente provocados por actos violentos, foron a espoleta para que o goberno de Margaret Thatcher se decidise a actuar con contundencia e creara a "Football Spectators Act" e o "Informe Taylor" para reducir o fenómeno do "hooliganismo" e mellorar a seguridade nos estadios.