Saltar ao contido

Tralas luces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tralas luces
 Título
Tralas luces Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Publicación
 Produtor/a
 Compañía produtora
 Recadación
4.437,1 € Editar o valor en Wikidata
 Premios
Datas
 Data de publicación
30 de setembro de 2011 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración112 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt2028588 Filmaffinity: 178752 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Tralas luces é unha longametraxe galega producida en 2011 con dirección de Sandra Sánchez. É un documental e estreouse en Galicia o 30 de setembro de 2011.

Tralas luces é a historia dunha viaxe. A viaxe de Lourdes, unha feirante que percorre na súa caravana as estradas do norte de España xunto coa súa familia e coa súa pista de coches de choque ás costas.

Hai anos, a pista era o seu gran soño. Fundou unha familia e meteuse en gastos, pero os soños teñen vida propia. Lourdes afoga nas súas esperanzas e ninguén parece decatarse.

A través de estradas, pobos e aldeas, descubriremos un mundo en perigo de extinción, unha vida itinerante e, sobre todo, unha gran historia de amor e de perda.

A película, en palabras da autora

[editar | editar a fonte]

A película naceu co obxectivo de facer un retrato colectivo dunha forma de vida nómade, o dos feirantes ambulantes. Porén, a idea inicial foise transformando, centrándose a rodaxe na vida dunha familia, especialmente da matriarca.

A rodaxe durou 9 meses, nos que se conseguiron 200 horas de gravación.

Nos Premios Mestre Mateo 2011, o filme acadou os seguintes premios:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]